Skip to Content

VOCAL TEMPO

VOCAL TEMPO sábado 15 Decembro 2012 / 23.30 h
Este grupo cubano, que imita a sonoridade dos instrumentos musicais cunha altísima fidelidade, resultou gañador na 2ª Edición do programa televisivo Factor X, que emitía Cuatro no ano 2008. Vocal Tempo ten no seu haber dous álbums, De boca en boca (2002), Bien Monta'o (2005) e Vocal Tempo (2009). A enérxica posta en escena de Vocal Tempo deixa resolto ao seu paso todo un mar de dúbidas e o que xustamente define a sonoridade final no seu conxunto como algo “sui generis” son os arranxos, o amplo repertorio e as súas amplas capacidades tímbricas e expresivas. Temas como La casa por el tejado (de Fito y los Fitipaldis), Clavado en un bar (de Maná) ou Espaldas mojadas (de Tam Tam Go!) son intrepretada por Vocal Tempo dun xeito sorprendente, sen instrumentos, só coas voces e as mans. Os seis cantantes cubanos que forman a banda, cantan estritamente “a capella” pero soan como unha orquestra de primeira. Coas súas voces e mans reproducen baterías, baixos, percusións, trompetas, saxos ou cordas. Cunha mestría, un swing e unha fidelidade asombrosa. Un repertorio moi ben escollido co que Vocal Tempo fai malabarismos, sen se limitar a copiar os temas orixinais, senón enriquecéndoos con versións inspiradas e sorprendentes.
www.vocaltempo.com
www.youtube.com/watch?v=wNuH2m5s4ek


story | by Dr. Radut