Skip to Content

III Xornadas de Orientación

Xornadas de orientación

A Asociación de Orientadores en Castela-A Mancha, APOCLAM, é a encargada de organizar este evento, que está auspiciado e promovido pola Confederación de Organizacións de Psicopedagoxía e Orientación de España (COPOE).

As III Xornadas Nacionais de Orientación pretenden ser un escaparate da situación da orientación no momento actual, así como servir de canle para implantar que a calidade educativa pasa por potenciar a orientación sobre as bases da innovación e da investigación nos seus distintos aspectos e ámbitos profesionais.

Nestas xornadas quérese dar o protagonismo que merece ao bo traballo que realizan os orientadores de toda España. Para isto, preparáronse diferentes espazos (mesas redondas e comunicacións etc.) que serán, sen dúbida, fonte de estimulo e de aprendizaxe para todos.

Ademais de boas experiencias, poderase reflexionar e debater sobre aspectos de grande incidencia para o labor orientador presente e futuro, como as competencias claves do orientador, a súa  formación inicial e permanente, a atención á diversidade, a importancia da orientación para a mellora da convivencia nos centros educativos etc.

 Podes consultar o PROGRAMA neste enlace

Máis información na  WEB



story | by Dr. Radut