Skip to Content

LOS ANGELES

los Angeles sábado 12 Xaneiro / 23.30 h
A súa exitosa traxectoria comezou no ano 1963, na cidade de Granada, co nome de Ángeles Azules, pero acadaron os seus maiores éxitos comerciais entre 1967 e 1971 con cancións como 98.6, Mañana, mañana, Momentos, Mónica ou Lo mucho que te quiero, entre outros. Los Ángeles Azules, tamén denominados, en ocasións, como Blue Angels, alcanzaron moi pronto unha gran popularidade na súa cidade e na Costa del Sol nos anos 60. Os seus temas de orientación ítalo-francesa, acreditaban a facilidade do grupo andaluz para moverse por diferentes paus estilísticos, aínda que nos seus directos ían anunciando claramente a súa predilección por The Beatles. A influencia dos de Liverpool sobre a personalidade de Los Ángeles afianzouse dende 1965, cando se converteron nun cuarteto guitarreiro a imaxe dos seus ídolos. O seu primeiro éxito, xa co nome de Los Ángeles, foi a adaptación do tema 98.6, pero conseguiron máis sona grazas a Mañana, mañana, El silencio es oro ou Dime, dime, temas que os consolidaron nas listas de éxito. Ademais, compartiron cartel cos mellores artistas do momento, figuraron nos programas televisivos de maior éxito e quedaron inmortalizados nas longametraxes Un, dos, tres al escondite inglés e A 45 Revoluciones por Minuto, xunto a Formula V e Juan Pardo. Na década dos 90 houbo un silencio de Los Ángeles que duraría ata mediados dos 90. Na nova etapa decidiron recuperar a Los Ángeles para a súa difusión entre as novas xeracións dos seus emblemáticos temas con son actual e como homenaxe a unha época e un estilo. No ano 2006 o Concello de Granada impuxo a Los Ángeles a medalla de prata ao Mérito pola Cidade. Poderían contar por decenas os discos homenaxe, tributos e mostras de cariño recibidas tanto en papel impreso como polas redes sociais, en honor a un histórico grupo de pop español. Hoxe seguen alternando na súa axenda de concertos tanto en España como nos EEUU e América do Sur, tanto sós como con amigos e compañeiros de viaxe, como Formula V, Los Diablos, Los Mustang, Módulos, Brincos, Mike Kennedy….e un longo etc.
http://es.wikipedia.org/wiki/Los_%C3%81ngeles_(banda)
www.youtube.com/watch?v=wuMr_iMxtpo
   


story | by Dr. Radut