Skip to Content

BALAKANDRA

BALAKANDRA sábado 26 Xaneiro / 23.30 h
Balakandra nace en San Sadurniño a principios do ano 2004 no seo do mítico grupo Saraibas, froito das inquedanzas musicais de varios dos seus membros que trataban así de dar renda solta os seus coñecementos de outros estilos e técnicas musicais. Co “parón” do grupo Saraibas, a idea de Balakandra comeza a coller forza e a asentarse como grupo. A primeira formación do grupo estaba composta por Farru Rodríguez, Martín Sanjurjo e Juanjo Porta. No ano 2004 Balakandra preséntase ó concurso “Galiza Sons Folk” alcanzando a final do certame e gravando un disco conxunto cos outros dous finalistas. Durante 2005 e 2006 Balakandra toca por gran cantidade de salas, concellos e festivais de toda Galiza. A principios de 2007, Juanjo Porta ten que abandonar o grupo, pero Farru e Martín deciden seguir adiante co proxecto, incorporándose ao mesmo Manolo Varela, Amparo Calvo e Ruben Lamas, o trío pasa a ser así un quinteto o cal repercute nunha maior forza sonora. Balakandra prosigue creando e tocando ao vivo, para atoparse a si mesmo. No ano 2010, incorpórase á formación, Abel Leonardo, quedando así una formación xa estable coa que Balakandra. En Febreiro de 2012 a banda grava o seu primeiro disco e actualmente a banda atopase xirando e facendo a presentación do mesmo. A súa música é difícil de etiquetar, 6 músicos de idades e procedencias moi dispares, letras comprometidas coa nosa sociedade e os nosos corazóns, a súa música e unha viaxe polas músicas do mundo con paradas no country e o bluegrass do sur dos EEUU, nos sons latinos dende Brasil ate Cuba, nos clubes de jazz newyorkinos e nos frenéticos ritmos do este de europa, unha longa viaxe coa mellor locomotora, o folk galego. Con todo isto, os concertos de Balakandra non deixan indiferente a ninguén, atrapando ao público nesta fermosa viaxe. Balakandra son: Farru Rodríguez (percusións, acordeón e guitarra), Abel Leonardo (guitarra eléctrica), Amparo Calvo (voz e percusión), Rubén Lamas (baixo eléctrico), Martín Sanjurjo (mandolina, guitarra, violín, dobro e voz) e Manolo Dopico (guitarra acústica, guitarra española, mandocelo e voz).
http://balakandra.com
www.myspace.com/balakandra


story | by Dr. Radut