Skip to Content

PROFESOR IYOHA & FROMDI ROOTS

Profesor Iyoha sábado 2 Febreiro / 23.30 h
Fromdirootband é un grupo de Reggae afincado en Oviedo, que conta con ampla experiencia no ámbito da World Music e unha gran posta en escena cun potente directo. From di Root Band leva traballando dende o ano 2009 principalmente no ámbito da World music. O seu estilo mestura elementos como o folclore, rock clásico, pop, soul, calipso e reggae denso e poderoso, para crear uns sons únicos e moi persoais a través de melodías claras e pegadizas, ás veces íntimas e profundas transmitindo a súa música ao público de xeito fresco e vivaz. Fromdirootband publicou tres discos: From di Blues, Angel in the morning e Boomerang, presentado na praza do Axuntamento de Piedras Blancas en xuño deste mesmo ano. Proffesor Iyoha, nixeriano de nacemento, estivo en contacto coa música dende a súa infancia, a súa paixón cara aos clásicos do rock e do soul da década dos 60 e 70 marcaron a súa carreira musical, dende os 13 anos en varios proxectos. Desenvolvendo o seu propio estilo chegou á gravación do seu primeiro álbum, From de Blues. Proffesor Iyoha, é o nome de guerra de Prince Kennedy Iyoha, músico instalado en Asturias dende hai máis dunha década. Di Kennedy que puxo o nome de Proffesor polo espíritu de ensino, como vehículo para transmitir músicas e culturas. O disco Extranjero é a culminación das súas inquietudes artísticas e sociais, nel preséntanse dez temas de música rock-reggae.
http://fromdiroots.wordpress.com/
www.myspace.com/proffesoriyoha


story | by Dr. Radut