Skip to Content

LA COCTELERA SONICA

LA COCTELERA SONICA Iñaki Glutamato, Luis Auserón Radio Futura, Artemio Enemigos, Iñigo Coppel, Vanexxa, Olivia de Happyland, Carlos Rodriguez, Patacho, …

venres 15 Marzo / 23.30 h Bar Liceum

La Coctelera Sónica: música para todos. La Coctelera Sónica é un proxecto musical colectivo que xorde de xeito espontáneo durante o inverno 2011-2012 ante a necesidade de aunar forzas para poder transmitir que a música é algo vivo e necesario, para poder mostrar as novas composicións dos integrantes do grupo, para lembrar tantas e tantas cancións que se teñen composto en todo o estado español ao longo da súa historia, para demostrar que non se renden, que cren no que fan e que van defendelo custe o que custe e, sobre todo, para demostrar que os autores e os músicos están vivos e queren facer partícipes a todos das súas vivencias. A idea cobrou forma no 2011 e a súa posta de longo ante o público tivo lugar en xaneiro do 2012 na sala Siroco de Madrid, e realizando posteriormente máis de 15 actuacións colectivas cunha aceptación magnífica por parte do público e a prensa. Arrancou sendo un grupo de pouco máis de 20 autores e en xullo os músicos participantes no proxecto xa superaran a cifra de 60. E se lle engadimos os que queren participar nesta nova tempada, pódese falar de 100 músicos dispostos a colaborar de xeito activo no proxecto. Músicos de todas as idades e xeracións, entre 20 e 60 anos, e afíns aos máis diferentes estilos musicais. Blues, pop, rock, jazz, folk, tecno, cabaret, copla, punk… Todos se dan a man e se mesturan e axitan en La Coctelera cos máis impresionantes resultados. Cada sesión reúne entre oito e quince músicos, que suben ao escenario a interpretar un repertorio temático no que se funden cancións coñecidas con novas composicións e as máis variadas e sorprendentes versións de todos os tempos. Son sesións únicas e irrepetibles en formato acústico (guitarras, violíns, piano, ukelele, percusións…). Logo de sete meses de permanencia na Sala Siroco de Madrid, teñen iniciado, por unha banda, unha serie de actuacións por locais de toda España, desprazándose a cada localidade entre oito e dez músicos aos que se suman artistas da zona. Tamén queren facilitar que os novos valores e artistas emerxentes poidan actuar con eles compartindo escenario. Aínda que son moitos os artistas que levan participado ou colaborado na Coctelera Sónica (Andy Chango, Germán Coppini, Josele Santiago, Jose Mª Guzmán, Paco Clavel, Vanexxa, Eva Amaral, Javi Campillo, Sabino Méndez, Leyva, Ana Curra, Jota...), no Bar Liceum estarán (de inicio, porque logo de seguro que se lles sumarán moitos artistas máis): Iñaki e Patacho de Glutamato Ye-yé, Luis Auserón de Radio Futura, Artemio de Los Enemigos, Íñigo Coppel, Vanexxa, Olivia de Happyland e Carlos Rodríguez.
www.youtube.com/watch?v=iwGEKvc0FAE
www.facebook.com/LaCocteleraSonica

   


story | by Dr. Radut