Skip to Content

Día Internacional da Muller

Esta canción, que se presentará mañá no Día Internacional da Muller, é un clamor que inspira a quen a oe e que anima a promover os dereitos das mulleres e a igualdade de xénero.

One Woman  escribiuse para ONU Mulleres, a organización mundial defensora das mulleres e rapazas, para recoñecer a súa visión e traballo a favor das melloras das vidas das mulleres de todo o mundo.

Este ano, o Día Internacional da Muller centrarase en poñer fin á violencia contra as mulleres, unha flagrante violación dos dereitos humanos que afecta a sete de cada dez mulleres e unha das prioridades fundamentais de ONU Mulleres. Mentres persoas de todo o mundo preparan as súas celebracións, One Woman recórdanos que si todas e todos nos unimos, podemos superar a violencia e a discriminación. Como di a canción, We shall shine!, espéranos un futuro radiante


story | by Dr. Radut