Skip to Content

Inscrición para las pruebas de acceso a Ciclos Formativos de Grado Medio

0 Array

A inscrición farase na Secretaría dos centros ( IES ou CIFP) que impartan ciclos formativos cubrindo  o ANEXO I e entregando unha copia do DNI dende o día 28 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2013 ( ambos incluídos).  


FOTOCOPIA DO DNI
Anexo I

Requisitos para presentarse as probas:

  • Ter cumpridos 17 anos antes do 31 de decembro do 2013.

Estrutura das probas: Teñen 3 partes.

  • Sociolingüística:

Faranse 3 exames: lingua castelá, lingua galega e ciencias sociais.

  • Matemática:

Farase un exame de matemáticas.

  • Científico-técnica:

Farase un exame de ciencias naturais e outro de tecnoloxía.

* Ditas probas poderán adaptarse ao alumnado con minusvalía, pero deben indicar esta circunstancia no momento de inscribirse.

Son moi importantes as EXENCIONS PARCIAIS as probas:

  • As persoas que superen o ámbito social e de comunicación do 2º curso do PCPI ( que é voluntario) ou do nivel II da ESA estarán exentos da parte sociolingüística.

  • As persoas que superen o ámbito científico-tecnolóxico dun PCPI ou do nivel II da ESA ( Ed. Secundaria de Adultos) estarán exentos das partes matemáticas e científico-técnica.

  • As persoas que superen os módulos específicos profesionais do 1º curso dun PCPI (agás a FCT) na terceira avaliación parcial, ou teñan unha Certificación de Profesionalidade de calquera nivel ou acrediten como mínimo un ano de experiencia laboral en xornada completa en calquera campo profesional, estarán exentos da parte científico-técnica.

Nota da probas:

A nota final das probas será a media obtida en cada parte, sempre que sexa igual ou maior que 4 puntos.

Si un alumno/a supera unha parte, poderá gardárselle esa nota durante un máximo de 2 anos pero debe indicalo no momento de inscribirse.

HORARIO DAS PROBAS:

Terán lugar o día 23 de maio (xoves) no horario que se recolle a continuación:

- As 9:00 horas: presentación.

- Das 10:00 as 11:00 horas: parte matemática.

- Das 11:30 as 13:30 horas: parte sociolingüística.

- Das 16:00 as 18:00 horas: parte científico-técnica

O día da proba, cada aspirante deberá levar o DNI e a fotocopia da folla de inscrición que lle darán no centro no que se anotou.

O día 5 de xuño publicaranse na páxina da Xunta as cualificacións provisionais das probas.




event | by Dr. Radut