Skip to Content

O departamento

Por unha banda imos sinalar a contextualización legal e pola outra, a contextualización do centro.

A nivel legal hai destacaríamos os seguintes documentos lexislativos:

A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE) contempla entre os seus principios (artigo 1) “a orientación educativa e profesional dos estudiantes, como medio necesario para o logro dunha formación personalizada, que propicie unha educación integral en coñecementos, destrezas e valores”. Ademais esta mesma lei, no seu artigo 2.2 establece a orientación educativa e profesional como un dos factores que favorecen a calidade do ensino.

No ámbito da CCAA de Galicia, o Decreto 77/2011, así como a Orde que o desenvolve (Orde do 29 de xullo de 2011), crean e regulan o funcionamento dos novos departamentos de información e orientación profesional que pasan a substituír aos anteriores departamentos de orientación, nos centros integrados de formación profesional.Ademais,  o departamento de información e orientación profesional (a partir de agora DIOP) é un órgano de coordinación dos CIFP que depende da área de calidade e que, á súa vez, ten encargada a coordinación das acción de emprendemento levadas a cabo no centro.

As funcións do DIOP están definidas no artigo 25.3 do Decreto 77/2011. Así mesmo,  na Orde que desenvolve o anterior decreto establécense, no artigo 14, os aspectos que deben incluír as programacións dos departamentos dos CIFP. Estas programacións deben contemplar, para cada curso académico, as actividades que cumpra desenvolver, segundo as liñas de actuación establecidas nos correspondentes plans anuais de área funcional.

 

Desde o ano 2010, a Consellería de Educación e O. U. ven traballando na implantación dun sistema de xestión multicentro para tódolos CIFP’s de Galicia, estando previsto para o curso 2011-12 a implantación total do sistema de xestión e a certificación en calidade ISO 9001-2008.

                 En relación ao contexto:

O CIFP  “Coroso” pertence ó concello de Ribeira que ostenta o título de cidade dende 1906. Ribeira inaugura a xeografía que debuxan as Rías Baixas galegas actuando ademais de capital do Barbanza á que pertencen tamén os concellos da Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo no extremo máis oriental. É unha das cidades punteiras da comarca e das rías galegas en pesca, marisqueo, industria conserveira e turismo.

A súa poboación a primeiros de xaneiro de 2008 era de 27.430 habitantes (13.862 mulleres e 13.568 homes) dos cales case 14.000 viven na parroquia de Santa Uxía, principal núcleo urbano. A súa economía está intimamente ligada ó mar, sendo o seu porto un dos máis importantes da UE na súa categoría, ó tempo que presenta unhas boas expectativas de cara ó crecemento do turismo xunto co resto da comarca, xa que os atractivos naturais, industriais e humanos son cada vez máis valorados.

Neste marco o CIFP “ Coroso ” foi un dos primeiros centros de Galicia en ser nomeado Centro Integrado de Formación Profesional ( no curso 2002/03), ofertando un novo modelo Formativo integrado, baseado na colaboración cos axentes socio-económico-laborais e institucionais. No presente curso 2011-12 volveu a ser nomeado pasando xa a adquirir a denominación de CIFP en lugar de IES que sigue na actualidade.

O centro educativo consta de varios edificios. O máis antigo, denominado centro vello, está destinado a ciclos formativos de transporte e mantemento de vehículos formativos e aos de instalacións e mantemento. Tamén se imparte o PCPI e os módulos do réxime para adultos.

No centro novo impártense os ciclos da familia de electricidade tanto do réxime ordinario coma a oferta modula e o PCPI de electricidade. Neste edificio están tamén  os servizos de secretaría, dirección, cafetería e biblioteca. Tamén hai talleres anexos de electricidade así como un aulas para o ciclo da familia de industrias alimentarias. Asómesmo nestas dependencias hai un patio con dúas pistas de deporte. Contamos tamén cun aula de enerxías renovables fronte ó campo de fútbol.

O horario de traballo no centro é de 8:00-22:30 da noite. O alumnado que estuda durante a mañá as ensinanzas regradas ten un recreo de 11:30 a 12:00. O alumnado que estuda durante a tarde os módulos de adultos teñen dous descansos os martes e os xoves de 20:00-20:15 da noite.        Salientar que o Ciclo medio de elaboración de produtos alimentarios ten un horario distinto, de 8:00- 14.30 por mor das características do seu alumnado que na súa maioría traballa no sector pesqueiro.




page | by Dr. Radut