Skip to Content

CHARLA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E PROFESIONAIS

O xoves 15 de novembro de 2018 impartirase unha charla co  alumnado de segundos cursos, tanto de ciclos formativos coma de FPB.

A dita charla asistirán 112 alumnos/as das 4 familias profesionais que impartimos no centro.

Celebrarase na BIBLIOTECA do centro de 12.00-14.00.

Nesta charla 2 bombeiros profesionais da provincia da Coruña tratarán varios temas:

  • En que consiste un plan de evacuación e como desenvolvelo con éxito.
  • Técnicas de prevención e actuación ante os riscos máis comúns que se poden producir nos talleres.
  • Aprendizaxe práctico de técnicas de reanimación cardiopulmonar.

 

Os bombeiros Jesús Valencia Sar e David Hermida serán os encargados desta formación, que terá un gran peso práctico e no que o alumnado poderá practicar as distintas técnicas explicadas empregando os  maniquies para reanimación RCP que aportarán os bombeiros.

 

Organizan:

  • Dpto. de Formación e Orientación Laboral
  • Dpto. de Información e Orientación Académica e Profesional.

Taboleiro do Alumno



book | by Dr. Radut