Skip to Content

VII MESA REDONDA DE EMPRENDEMENTO HORA. 12.00-14.00 BIBLIOTECA DO CIFP COROSO.

VII MESA REDONDA DE EMPRENDEMENTO
HORA. 12.00-14.00 BIBLIOTECA DO CIFP COROSO.
Esta xa é a 7ª edición que organizamos da Mesa  Redonda de emprendemento e esperamos que novamente resulte interesante para o noso alumnado.
Contamos coma en anos anteriores coa presenza de 3 ex-alumnos de Coroso que a día de hoxe teñen a súa propia empresa na rama de frío, calefacción, electricidade e automoción, e tamén 1 ex-alumno que traballa no eido alimentario, aínda que por conta allea.
 Esperamos que a experiencia de estes 4 emprendedores lles serva ao noso  alumnado para coñecer a realidade do mercado laboral, xa que en poucos meses eles rematarán o ciclo medio ou superior e deben dedicir que vía tomarán.


 

Queremos convidar tamén ao alumnado de CS de Procesos de calidade na industria alimentaria, a pesares de que teñen clase pola tarde, xa que a súa familia profesional se verá representada na mesa, e tamén aos estudantes de ciclos medios de réxime de adultos, por favor, os titores/as comentádelle que hai esta actividade por si queren/poden asistir.
Todos/as serán benvidos/as.
E por último convidar a directiva do IES N.1 por si tamén lles gustaría asistir.

Neste mail xa vos indicamos que grupos asistirán a Mesa e tamén que módulos se verán afectados pola mesma.

ORGANIZA:
  • COORDINACIÓN DE EMPRENDEMENTO.
  • FOL.
  • DPTO. ORIENTACIÓN.

GRUPOS E MÓDULOS AFECTADOS POLA ACTIVIDADE:

  • 1º CM ELABORACIÓN DE PRODUCTOS ALIMENTARIOS.

Materias primas (Cecilia Veiga)
 

  • 1º CM CARROZARÍA.

Elementos metálicos e sintéticos. (Antonio Ramos)
 

  • 1º CM ELECTROMECÁNICA.

FOL (Mónica) e Fluídos (Martín)
 

  • 1º CS AUTOMOCIÓN.

Xestión e loxística (Carlos Salvado) e Sistemas eléctricos. seguridade ( Juanjo)
 

  • 1º CM ETI.

Electrónica (Bernabé) e Electrotécnica (J.M Iglesias)
 

  • 1º CS ETI.

TPIEE (Miranda) e TPIDA (Sampedro)
 

  • 1º CM CALOR.

Máquinas e equipos (Sonia Arias)
 

  • 1º CM FRÍO.

FOL (Coke) e Aut. Frío (Sergio Lloves)
 
Contaremos coa presenza de 4 ex alumnos do centro que son autónomos e que representarán as catro familias profesionais que se imparten no centro.
PRÉGASE que o profesorado afectado por esta actividade acompañe ao seu alumnado a Biblioteca o venres 27 de abril as 12.00 e que estea co seu grupo. Haberá un elevado número de alumnos/as na biblioteca e é importante manter o orde e o silencio.
 



story | by Dr. Radut