Skip to Content

PL_CM Elaboración de Productos Alimentarios

Que se aprende
a facer?
A competencia xeral deste título consiste en elaborar e envasar produtos alimentarios de acordo cos plans de produción e calidade, así como efectuar o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos, aplicando a lexislación de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.
En que ámbitos
se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas pequenas, medianas ou grandes, con niveis moi diversos tanto na súa tecnoloxía como na súa organización. Son traballadores e traballadoras por conta allea que se integran nun equipo de traballo con persoas do seu mesmo nivel de cualificación, ou inferior, onde desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de recepción de materias primas e materiais, preparación e manexo de equipamentos de produción, control de operacións de elaboración, envasamento e embalaxe, apoio ao control de calidade, almacenamento e expedición de produtos acabados.En xeral, dependerán organicamente dun mando intermedio, coa excepción de pequenas empresas ou nas que aínda as operacións manuais posúan relevancia, nas que poden exercer funcións de supervisión de operarios e depender, no seu exercicio, directamente da dirección de produción..
Que ocupacións
se desempeñan?
Elaborador/ora de produtos alimentarios; operador/ora de máquinas e equipamentos para o tratamento e a elaboración de produtos alimentarios; operador/ora e controlador/ora de liñas de envasamento e embalaxe; recepcionista e almaceneiro/a; subministrador/ora de materias primas e materiais ás liñas de produción; dosificador/ora; supervisor/ora de liña.
Cales son os
módulos deste
ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Código Curso Módulo Profesional Horas
MP0030   Operacións de Almacén  
MP0031   Seguridade e Hixiene  
MP0116   Principios de Mantenemento  
MP0141   Materias Primas  
MP0142   Operacións Materias  
MP0143   Tratamentos Transformacións  
MP0144   Procesamento Productos  
MP0145    Procesos Tecnolóxicos  
MP0146   Venda Comercialización  
MP0147   F.O.L  


story | by Dr. Radut