Skip to Content

PL_ CM Instalacións Frigoríficas e Climatización

Que se aprende
a facer?
A competencia xeral deste título consiste en montar e manter instalacións frigoríficas, de climatización e de ventilación aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais establecidos, de xeito que se asegure a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.
En que ámbitos
se traballa?
Este profesional exerce a súa actividade nas empresas de montaxe e mantemento de instalacións térmicas e de fluídos relacionadas cos subsectores do frío comercial, do frío industrial e da climatización, tanto no sector de edificación e obra civil como no industrial.
Que ocupacións
se desempeñan?
Instalador/ora frigorista en instalacións comerciais; mantedor/ora frigorista en instalacións comerciais; instalador/ora frigorista en procesos industriais; mantedor/ora frigorista en procesos industriais; instalador/ora ou montador/ora de equipamentos de climatización, ventilación e extracción, redes de distribución e equipamentos terminais; mantedor/ora ou reparador/ora de equipamentos de climatización, ventilación e extracción, redes de distribución e equipamentos terminais.
Cales son os
módulos deste
ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten. 

Código Curso Módulo Profesional Horas
 MP0036    Máquinas e Equipamentos Térmocos  
 MP0037    Técnicas de Mecanizado   
 MP0038    Instalacións Eléctricas  
 MP0039     Configuración de Frío  
 MP0040    Montaxe Refrixeración   
 MP0041    Montaxe frigoríficas   
 MP0042    Montaxe climatización   
 MP0043    Fol   
 MP0044    Empresa e inciativa Emprendedora   


story | by Dr. Radut