![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
PL_ CM Instalacións eléctricas e automáticas
Que aprende a facer? |
Montar e manter infraestruturas de telecomunicación en edificios, instalacións eléctricas de baixa tensión, máquinas eléctricas e sistemas automatizados, conforme a normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo medio. |
|||
En que ámbitos se traballa? |
En pequenas e medianas empresas, nomeadamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento de infraestruturas de telecomunicación en edificios, máquinas eléctricas, sistemas automatizados, instalacións eléctricas de baixa tensión e sistemas domóticos, tanto por conta propia como por conta allea. |
|||
Que ocupacións se desempeñan? |
Instalador/ora mantedor/ora electricista. Electricista de construción. Electricista industrial. Electricista de mantemento. Instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos. Instalador/ora mantedor/ora de antenas. Instalador/ora de telecomunicacións en edificios de vivendas. Instalador/ora mantedor/ora de equipamentos e instalacións de telefonía. Montador de instalacións de enerxía solar fotovoltaica. |
|||
Cales son os módulos deste ciclo? |
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten. |