Skip to Content

II Certame de Curtos pola non violencia.

O venres 24 de novembro as 12.00 terá lugar no CIFP Coroso de Ribeira un acto. Celebraremos o II certame de Curtos pola non violencia.

O alumnado participante foi o de Formación Profesional Básica.
Varios grupos elaboraron unha curtametraxe co seu móbil para lembrar esta gran lacra social e fomentar a reflexión e rexeitamento a este tipo de conductas.
Tamén contamos coa colaboración do CIM de Ribeira que montará unha actividade no centro novo na franxa de 11.00-12.00 para lembrar este gran problema social.

O venres 24 as 12.00 na Biblioteca do centro visionaranse as curtametraxes elaboradas polo alumnado e tamén lembraranse as que participaron no I certame celebrado o ano pasado. Un total de 3 e que tiveron gran acollida entre o alumnado do centro.

   Tamén nesta edición proxectaremos ao alumnado a curtametraxe  " O Túnel"  elaborado polo IES Moncho Valcarce das Pontes, cuxo guión foi gañador do Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero, e o videoclip da canción “Son Muller” do grupo “Máis Boas Cás Patacas” ( MBCP) para contribuír á loita contra a violencia de xénero.

Está previsto que participen na actividade arredor de 80 alumnos/as de FPB.


story | by Dr. Radut