Skip to Content

Noticias de Fp

Concurso Novos Técnicos en Automoción 2019

Formación Profesional Galicia - Mar, 15/01/2019 - 14:17

A Fundación Compromiso coa Formación Profesional (Comforp), xunto con Motortec e as empresas patrocinadoras da fundación, convocan a XVI edición do Concurso Novos Técnicos en Automoción CJTA. Nesta edición convócanse tres perfís:

  • Electromecánica
  • Carrozaría/Pintura
  • FPB/ACE/Similares

- Bases do concurso

- Ficha de inscrición

- Máis información

Categorías: Noticias de Fp

Proxectos de formación para o profesorado de FP. 2018-2019

Formación Profesional Galicia - Jue, 10/01/2019 - 15:34

Publicada a convocatoria de proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2018-2019 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Cada proxecto deberá contar cun coordinador ou cunha coordinadora e poderá incorporar profesorado de diferentes centros que compartan a súa necesidade de formación, coa finalidade de acadar o óptimo aproveitamento dos recursos.

Categorías: Noticias de Fp

Convocatoria Dualiza 2019

Formación Profesional Galicia - Vie, 21/12/2018 - 15:32

Publicada a convocatoria Dualiza 2019 de axudas a proxectos de formación profesional de colaboración entre centros e empresas, unha iniciativa da Fundación Bankia pola FP Dual e a Asociación de Centros de Formación Profesional Fpempresa.

Categorías: Noticias de Fp

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Próxima publicación da Orde de convocatoria 2019

Formación Profesional Galicia - Vie, 21/12/2018 - 14:51

Xúntase o borrador da Orde pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019.

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos

Máis información:

Categorías: Noticias de Fp

Carnés e habilitacións profesionais. Cualificacións provisionais. Convocatoria extraordinaria 2018

Formación Profesional Galicia - Jue, 20/12/2018 - 12:48

Publicada a listaxe provisional de cualificacións da convocatoria extraordinaria de carnés e habilitacións profesionais.

Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 3 de xaneiro de 2019.

Categorías: Noticias de Fp

Premios a proxectos de innovación na FP. Convocatoria 2019

Formación Profesional Galicia - Mié, 19/12/2018 - 15:34

Convócanse premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 8 de febreiro de 2019.

Información sobre a convocatoria:

email:  fpinnova@edu.xunta.es

Tlf: 881997331

Categorías: Noticias de Fp

Acreditación de competencias. Convocatoria 2019

Formación Profesional Galicia - Jue, 13/12/2018 - 17:30

Publicada a Orde do 4 de decembro de 2018 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Importante

  • A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir do 14 de xaneiro de 2019.
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o 14 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2019.
  • Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas por sede electrónica.
Categorías: Noticias de Fp

GaliciaSkills 2018. Alumnado gañador

Formación Profesional Galicia - Lun, 03/12/2018 - 15:04

A Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu o pasado 30 de novembro a entrega das medallas de GaliciaSkills 2018, celebrado no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda) e organizado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Máis de 130 alumnos e alumnas de 52 centros sostidos con fondos públicos mediron nestes días as súas destrezas en 26 especialidades, demostrando a excelencia das ensinanzas que reciben.

Unha vez máis, quedou patente o gran nivel do alumnado e profesorado da formación profesional galega, tanto polo excelente traballo de competidores/as, expertos/as e titores, como pola colaboración no desenvolvemento dos obradoiros (artes gráficas, drons, imaxe persoal e hospital de robots), das demostracións e de varios das servizos e tarefas de organización do evento (reprografía, atención a visitas, apoio administrativo, etc.).

O alumnado gañador da medalla de ouro representará a Galicia en SpainSkills 2019. Na seguinte ligazón pode consultar a relación de alumnado gañador de medalla de ouro e prata:

Categorías: Noticias de Fp

Resolución pola que se resolven as bolsas para mocidade do exterior FP

Formación Profesional Galicia - Jue, 29/11/2018 - 10:58

Xúntase a Orde do 20 de novembro de 2018 pola que se publica a resolución pola que se resolven as bolsas para a mocidade do exterior establecidas na Orde do 6 de agosto de 2018.

Categorías: Noticias de Fp

GaliciaSkills 2018. Primeira mañá de competición

Formación Profesional Galicia - Mié, 28/11/2018 - 16:02

Máis de dous mil trescentos alumnos e alumnas de toda Galicia asistiron na mañá do mércores 28 de novembro ao comezo das competicións de GaliciaSkills 2018.

Imaxe Portada:  Imaxe: 
Categorías: Noticias de Fp

GaliciaSkills 2018. Comezo do V Campionato Galego de Formación Profesional

Formación Profesional Galicia - Mié, 28/11/2018 - 06:49

Hoxe, 28 de novembro de 2018, comeza GaliciaSkills 2018, quinta edición do Campionato Galego de Formación Profesional, na que participan 136 alumnos e alumnas de 52 centros educativos, que compiten en 26 especialidades.

O alumnado gañador en cada modalidade conformará o equipo que representará a Galicia no campionato SpainSkills 2019, que se celebrará en Madrid en febreiro de 2019.

Todas as competicións desenvólvense no pavillón 2 do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, de 10:00 a 14:00 h as mañás do mércores e do xoves e de 16:00 a 19:00 h a tarde do mércores.

Durante a celebración do campionato contarase tamén con catro obradoiros: robótica (CIFP Ferrolterra), artes gráficas (IES Leixa), imaxe persoal (CIFP Someso) e drons (CIFP As Mercedes); así como tres stands con demostracións: animación 3D, simulación de bernizado e innovación na cociña (CIFP Carlos Oroza).

A cobertura audiovisual do evento está realizada por alumnado e profesorado do CIFP Imaxe e Son e da recepción de visitas de centros educativos farase cargo alumnado e profesorado do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro.

Categorías: Noticias de Fp

Evento multplicador do proxecto europeo Sfate no CIFP Compostela

Formación Profesional Galicia - Mar, 27/11/2018 - 13:56

O pasado 23 de novembro tivo lugar no salón de actos do CIFP Compostela o evento multiplicador do proxecto europeo Erasmus+ KA202, Sfate. Smart Farm Training for Employment.

Mediante a celebración do evento multiplicador a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, socio coordinador, difundiu os resultados obtidos dentro do marco do proxecto: o portal Sfate - ferramenta dixital que permite ensinar e aprender sobre a agricultura intelixente (smart farm) a través da exploración -, o informe de estudo sobre novos empregos e innovación agrícola (study report) - que proporciona un estado da cuestión agrícola no mundo rural das zonas xeográficas nas que se desenvolve o proxecto – e a propia implementación do proxecto Sfate nas aulas da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Para levar a cabo o evento, a Consellería contou coa participación dos seus dous socios galegos: a Federación EFA de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (Escola Politécnica Superior de Lugo) , así como de persoal dos centros educativos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que participaron activamente na parte de difusión e obradoiro-debate.

Sfate, proxecto de dimensión transnacional que conta con socios en Eslovenia, Francia e Alemaña, ten como propósito aproximar a innovación aos actores rurais e especialmente aos máis novos, os cales están máis familiarizados coas ferramentas dixitais e tecnolóxicas, dando resposta así aos desafíos da terceira revolución no sector agrícola.

Imaxe Portada:  Imaxe: 
Categorías: Noticias de Fp

Visita dos directores delegados franceses á Subdirección Xeral de Formación Profesional

Formación Profesional Galicia - Mar, 27/11/2018 - 11:01

A Subdirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional recibiu o pasado 26 de novembro a visita de vinte e un directores delegados franceses pertencentes ao SN2D (Sindicato Nacional dos Directores Delegados), acompañados pola coordinadora de proxectos internacionais do CIFP As Mercedes (Lugo), Mercedes Álvarez Uría.

Estes directores chegaron en representación dos liceos profesionais pertencentes á academia de Grenoble (sectores da industria, a saúde, os servizos, a hostalaría e a restauración) co obxectivo de coñecer de cerca o sistema educativo da FP en España e, particularmente, en Galicia. Entre eles atopábanse o secretario xeral adxunto de programas internacionais, Bernard Loichot e o tesoureiro do SN2D, Daniel de Julis.

O motivo da visita do SN2D á Consellería de Educación enmárcase no proxecto Erasmus + KA1, que o devandito colectivo está a desenvolver e que leva por título "Escolas e empresas asociados para loitar contra o abandono escolar", dedicado á elaboración dun plan estratéxico de internacionalización dos centros de FP franceses.

Tras o saúdo institucional a cargo do Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira López, e a Subdirectora Xeral de Formación Profesional, Mª Eugenia Pérez Fernández, iniciouse unha charla informativa sobre a formación profesional en Galicia a cargo do xefe do Servizo de Ordenación e Formación Profesional, José Manuel Rodríguez Buján.

Imaxe Portada:  Imaxe: 
Categorías: Noticias de Fp

Carnés profesionais. Convocatoria 2ª parte proba guindastre móbil autopropulsado, categorías A e B. Convocatoria extraordinaria 2018

Formación Profesional Galicia - Lun, 26/11/2018 - 12:18

Publicada a listaxe de persoas convocadas para a celebración da segunda parte da proba da especialidade de guindastre móbil autopropulsado, categorías A e B.

O chamamento para a realización da proba terá lugar o sábado 1 de decembro ás 10:00 horas no seguinte enderezo:

GRÚAS NORTE, San Marcos (estrada do aeroporto), 70
15890 Santiago de Compostela
A Coruña.

- Máis información

Categorías: Noticias de Fp

Concurso "Tapa Pasión" organizado por Eurostars

Formación Profesional Galicia - Vie, 23/11/2018 - 09:43

Eurostars Hotel Company convoca o concurso "Tapa Pasión", aberto a estudantes de Hostalería, Turismo ou Restauración, que queiran participar con carácter individual no reto consistente no desenvolvemento dunha tapa quente ou fría que cumpra cuns criterios de innovación, sabor e estética. Un xurado profesional, composto por representantes de Grupo Hotusa e profesionais do mundo da gastronomía será o encargado de seleccionar as propostas que mellor respondan aos criterios de valoración.

Categorías: Noticias de Fp

Xornada de formación de voluntariado do Programa Finanzas para Mortais

Formación Profesional Galicia - Vie, 23/11/2018 - 08:59

O pasado 20 de novembro tivo lugar no CIFP Compostela a xornada de formación de voluntariado incluída no programa Finanzas para mortais, enmarcado no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende. A esta xornada asistiron 61 alumnos e alumnas do ciclo superior de Administración e finanzas dos seguintes centros: CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, IES Gregorio Fernández,  IES Luís Seoane, IES A Pinguela, CIFP Portovello e IES Ricardo Mella.

Imaxe Portada:  Imaxe: 
Categorías: Noticias de Fp

Participación da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en Business2Sea

Formación Profesional Galicia - Mar, 20/11/2018 - 09:45

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional participou no evento Business2Sea. Fórum do Mar'18 cun estand ubicado na área expositiva do Centro de Congresos Alfândega (Porto, Portugal), dos días 14 ao 16 de novembro.

Mediante esta iniciativa a Consellería amosou a súa contribución como socia ao proxecto europeo Erasmus+ KA2, MATES (Maritime Alliance for fostering the European Blue Economy through a Marine Technology Skilling Strategy), coordinado polo Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR e, así mesmo, levou a cabo a promoción da Formación Profesional en Galicia.

Imaxe Portada:  Imaxe: 
Categorías: Noticias de Fp

Evento Multiplicador do proxecto europeo SFATE no CIFP Compostela

Formación Profesional Galicia - Mar, 20/11/2018 - 08:56

O próximo 23 de novembro terá lugar no CIFP Compostela a celebración do Evento Multiplicador SFATE, que consistirá nun seminario enmarcado no proxecto europeo Erasmus+ KA2, SFATE (Smart Farm Training for Employment), coordinado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Neste evento levarase a cabo:

  • A difusión dos resultados do devandito proxecto
  • A presentación dalgunhas innovacións en Agricultura Ecolóxica, contidas no Portal Sfate
  • O debate sobre a contribución dos centros de Formación Profesional na introdución de innovacións en áreas rurais, así como sobre a xeración de novas oportunidades de emprego

O proxecto Sfate é o resultado do traballo de socios de catro países diferentes: Francia (Association des Chambres d'Agriculture de l'Arc Atlantique), Alemaña (Philipps Universitaet Marburg), Eslovenia (Biotehniski Center Naklo) e España (USC, Federación EFA Galicia e a propia Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional).

Categorías: Noticias de Fp

Reunión do Comité Directivo do proxecto europeo SFATE no CIFP Politécnico de Santiago

Formación Profesional Galicia - Mar, 20/11/2018 - 08:44

Os pasados 13 e 14 de novembro, o Comité Directivo do proxecto europeo Erasmus+, KA2, SFATE (Smart Farm Training for Employment) reuniuse no CIFP Politécnico de Santiago, con motivo de analizar os resultados acadados no proxecto e definir os pasos finais do mesmo.

A esta reunión acudiron representantes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, coordinadora do proxecto, así como dos seus socios procedentes de diversas institucións internacionais: a Association des Chambres d'Agriculture de l'Arc Atlantique (Francia), Philipps Universitaet Marburg (Alemaña), Biotehniski Center Naklo (Eslovenia) e galegas: a Federación EFA Galicia e a USC - (Escola Politécnica Superior, Lugo).

Imaxe Portada:  Imaxe: 
Categorías: Noticias de Fp

Bolsas para mocidade do exterior FP. Listaxe definitiva de solicitudes. Convocatoria 2018/19

Formación Profesional Galicia - Mar, 13/11/2018 - 17:39

Publicada a listaxe definitiva de persoas candidatas para a adxudicación de bolsas e a listaxe de persoas excluídas, segundo o disposto na Orde do 6 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2018/19 nun centro con ensinanzas sostidas con fondos públicos de Galicia (ED333A). Data de publicación: 13/11/2018

Categorías: Noticias de Fp
Distribuir contenido


by Dr. Radut