Skip to Content

Agregador de novas

Carmen Pomar salienta a importancia da capacitación tecnolóxica do alumnado, en especial das rapazas

Conselleria de educación - hace 11 horas 32 mins
Summary: A conselleira de Educación participou na apertura da xornada ‘Educación Dixital’O evento presenta boas prácticas e formas concretas de usar as TIC para apoiar e realzar o proceso de ensino-aprendizaxe Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na apertura da xornada formativa Educación Dixital, dirixida ao profesorado de todos os niveis educativos e incluída dentro da estratexia Edudixital 2020. O lema da xornada, en conmemoración do 50 aniversario da chegada á Lúa, e en relación aos avances en materia educativa e o esforzo e traballo docente, foi Un pequeno paso é un gran paso.

A titular do departamento educativo da Xunta salientou a importancia da capacitación tecnolóxica do noso alumnado, en especial de fomentar as vocacións STEM entre as rapazas para rematar coa fenda dixital de xénero, un dos principais obxectivos da Consellería. Así mesmo, indicou que no contexto da educación dixital outro dos retos do seu departamento é o de axudarlle “ao noso alumnado, nativo dixital, a utilizar a tecnoloxía ao seu favor e a tirar proveito de todo o seu potencial, mellorando tamén a convivencia nos espazos virtuais nos que socializa con naturalidade, e nos que precisa ferramentas que o axuden a construír e protexer a súa identidade dixital”.

A conselleira explicou que é necesaria a colaboración de toda a comunidade educativa para acadar os devanditos obxectivos e, moi particularmente, a de docentes como os que participan hoxe na xornada, que axudan a descubrir, canalizar e potenciar o talento individual. Neste sentido Carmen Pomar salientou a importancia de xerar e motivar procesos de aprendizaxe no alumnado e promover un ambiente propicio na escola que permita formar a nenas e nenos “para un mundo laboral no que o 65% dos empregos que se van desempeñar aínda non existen”.

Coñecementos e boas prácticas

A xornada, que se celebra no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, mestura conferencias, obradoiros, aulas abertas e presentación de experiencias de centros de toda Galicia arredor do emprego das novas tecnoloxías no ensino. Organizada polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), ten como obxectivo reforzar as competencias profesionais docentes en relación coas tecnoloxías da información e a comunicación. Deste xeito, o evento permite que o profesorado actualice os seus coñecementos neste eido, comparta boas prácticas, experimente con novos dispositivos e metodoloxías e reflexione sobre as implicacións sociais e educativas do uso das novas ferramentas.

O evento conta coa participación de persoas divulgadoras, docentes e formadoras que presentarán boas prácticas e formas concretas de usar as TIC para apoiar e realzar o proceso de ensino-aprendizaxe e para empoderar ao alumnado. Deste xeito, o relatorio inicial, INSPIRA STEAM. Nunca permitas que a imaxinación limitada dos demais te limite, corre a cargo de Lorena Fernández; mentres que Juan Francisco Álvarez abordará o kit básico do docente competente dixitalmente e Pedro Cifuentes será o encargado da conferencia Sentido da marabilla, motor educativo do século XXI. Pola súa parte, Beatriz Calavia impartirá dúas charlas arredor dos ciberdelitos e da identidade e reputación dixital, na modalidade de ‘sala aberta’, un espazo para o debate e a reflexión onde os participantes poden compartir o seu punto de vista de xeito máis ou menos informal sobre un tema dado.

No referido aos obradoiros, Marco Vélez afondará na edición de vídeo e o chroma key, Pedro Cifuentes na narrativa gráfica en contextos dixitais e Andrea Doural amosará a posibilidade de vivenciar un xogo de fuga no terreo educativo a través da figura de María Victoria Moreno.

Canto ás experiencias de centro, presentarán as súas o CPI As Mirandas (Ares), o CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños), o CIFP Ferrolterra (Ferrol), os CPR Santa Xoana de Lestonnac e Sagrado Corazón (ambos de Ferrol), o IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela), o CPI Ramón Piñeiro (Láncara), o IES Ribadeo Dionisio Gamallo (Ribadeo), o CEIP Valle-Inclán (O Grove), o CEIP Noalla (Sanxenxo), o CEIP Frián-Teis (Vigo) e os IES do Castro e Álvaro Cunqueiro (ambos da cidade da oliveira).

XornadasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalServizo de Formación do ProfesoradoProfesoradoCentros
Categorías: Novas da Consellería

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de mantemento de vehículos (591209)

Conselleria de educación - Vie, 22/03/2019 - 14:58
Idioma Gallego

Resolución do 22 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de mantemento de vehículos (591209).

  • O prazo para formular solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo.

 

File:  Resolución do 22 de marzo de 2019 Modelo de solicitude Modelo de alegación de méritosServizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas da Consellería

Resolución pola que se crea a Rede galega de dinamización da FP dual

Conselleria de educación - Vie, 22/03/2019 - 14:50
Idioma Gallego

Publicada a Resolución do 22 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se crea, con carácter experimental, a Rede galega de dinamización da FP dual, se seleccionan os centros educativos que a conformarán e se ditan instrucións para nomear as persoas responsables da dinamización da FP dual en cada centro.

O prazo para efectuar as solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Tema: Información xeralEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Orientación Profesional e Relación con EmpresasColectivo: ProfesoradoCentrosEmpresas
Categorías: Novas da Consellería

Resolución pola que se crea a Rede galega de dinamización da FP dual

Formación Profesional Galicia - Vie, 22/03/2019 - 13:23

Publicada a Resolución do 22 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se crea, con carácter experimental, a Rede galega de dinamización da FP dual, se seleccionan os centros educativos que a conformarán e se ditan instrucións para nomear as persoas responsables da dinamización da FP dual en cada centro.

O prazo para efectuar as solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Categorías: Noticias de Fp

Carnés e habilitacións profesionais. Listaxe provisional de solicitudes. Primeira convocatoria 2019

Conselleria de educación - Vie, 22/03/2019 - 13:12
Idioma Gallego

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da primeira convocatoria 2019 de probas de carnés e habilitacións profesionais.

O prazo para presentar reclamación contra esta listaxe remata o día 29 de marzo de 2019.

Tema: Información xeralEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentrosEmpresas
Categorías: Novas da Consellería

Carnés profesionais. Listaxe provisional de solicitudes. Primeira convocatoria 2019

Formación Profesional Galicia - Vie, 22/03/2019 - 12:56

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da primeira convocatoria 2019 de probas de carnés e habilitacións profesionais.

  • Listaxe provisional
    Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 29 de marzo de 2019.

- Máis información

Categorías: Noticias de Fp

Carmen Pomar salienta a importancia das bibliotecas escolares no impulso da innovación educativa

Conselleria de educación - Vie, 22/03/2019 - 10:42
Summary: A conselleira de Educación inaugurou a xornada conxunta dos Encontros PLAMBE Os Encontros reúnen a responsables e coordinadores das 679 bibliotecas escolares que participan no Plan de Mellora Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, inaugurou hoxe a xornada conxunta dos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), correspondente ao curso 2018/2019, onde salientou o impulso que estes espazos supoñen para a innovación educativa. “Onde unha biblioteca inicia o seu proceso de transformación, comezan a modificarse tamén algunhas prácticas educativas e as metodoloxías innovadoras van gañando terreo no día a día do centro”, de tal forma que funcionan como “motores de innovación nos centros educativos”.

Así mesmo, salientou o papel das bibliotecas escolares en relación coa adquisición das competencias básicas do alumnado, que cualificou como “incontestable”. “Son centros de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe, que axudan á consecución dos obxectivos educativos”, sinalou.

Carmen Pomar fixo ademais fincapé na aposta por un modelo de Biblioteca Inclusiva, “para que o alumnado atope a súa oportunidade de crecemento persoal e de aprendizaxe continuada”, para que estes espazos “respondan, de xeito real, ás necesidades de todo o alumnado e que enfronte os retos que a diversidade presenta”.

Tras a intervención da conselleira, a conferencia inaugural corre a cargo de Constanza Mekis, bibliotecaria e especialista en literatura infantil e xuvenil. Actualmente é presidenta da  Organización Internacional para el Libro Juvenil en Chile (IBBY Chile) e foi durante 22 anos Coordinadora Nacional das Bibliotecas Escolares CRA Nivel Ensino Básico e Secundario do Ministerio de Educación de Chile (1994 a 2016). Baixo o título Bibliotecas escolares para o século XXI. Desenvolvemento de comunidades de lectura, a relatora abordará os pasos para proxectar unha visión coherente na escola ao redor da lectura, que integre o ámbito dixital e que actualice a mirada existente sobre as actividades de aula ligadas á lectura, favorecendo o desenvolvemento de lectores que elixan o que necesitan e queren ler.

Os Encontros, que se celebran no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, reúnen a responsables e coordinadores de bibliotecas escolares dos 679 centros educativos galegos que están integrados no PLAMBE. A primeira xornada, celebrada onte, contou coa participación dos centros que se incorporaron este ano á iniciativa, mentres que este venres xa se xuntaron todos os participantes.

Ao longo de ambas xornadas desenvolveranse diferentes relatorios de expertos relacionados coas bibliotecas, a literatura, a comunicación, o patrimonio, a mediación lectora, as competencias informacionais e mediáticas, a tecnoloxía educativa e a produción audiovisual. Ademais, presentaranse un total de 26 experiencias de centro de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, "hora de ler", voluntariado, biblioteca inclusiva, espazo creativo, proxecto lector, Radio na biblio, clubs de lectura, traballo por proxectos e outros). Neste ano, dedicado nas bibliotecas escolares galegas ás poéticas diversas, a poesía estará presente da man de Mar Benegas, Montse Pena e Carlos Negro. 

PLAMBE

O Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares, enmarcado no o Plan LÍA de bibliotecas escolares para o período 2016-2020, ten como obxectivo incentivar e impulsar o desenvolvemento de proxectos de biblioteca escolar que persigan a dinamización deste espazo como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, na que se incorporen espazos para a creación,  a aprendizaxe manipulativa, a investigación, o traballo colaborativo e a construción do coñecemento de xeito compartido. Así mesmo, as bibliotecas integradas no Plambe deberán traballar no deseño e desenvolvemento de programas para a adquisición de competencias informacionais e mediáticas, así como integrar as novas tecnoloxías e o concepto de alfabetización múltiple (ou multialfabetismo) á hora de abordar a formación lectora do alumnado.

Por outra banda, este modelo de biblioteca debe ter tamén un enfoque inclusivo, contribuír á compensación das desigualdades sociais e á calidade do ensino que se imparte no centro e implicarse en actividades de extensión cultural destinadas a toda a comunidade escolar.  

XornadasHora de lerPlan LÍABibliotecas escolaresEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de CentrosProfesoradoCentros
Categorías: Novas da Consellería

Galicia senta as bases da súa investigación universitaria no impulso e consolidación de persoal, agrupacións e centros singulares e na especialización dos campus

Conselleria de educación - Jue, 21/03/2019 - 11:39
Summary: O secretario xeral de Universidades explicou no Parlamento que se está a traballar nunha Acreditación dos Campus Estase a definir tamén o Plan de Captación e Retención de Talento Investigador Idioma Gallego

O secretario xeral de Universidades da consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, José Alberto Díez de Castro, explicou hoxe no Parlamento de Galicia que a Comunidade conta cun modelo de I+D+i universitario consolidado e axustado ás necesidades de Galicia. Os sistema baséase no impulso dunha selección do persoal docente e investigador e dunha carreira apoiada en criterios como o mérito, a excelencia e a internacionalización, así como na especialización dos Campus.

O secretario xeral explicou que o seu departamento traballa, de feito, nun procedemento de Acreditación dos Campus, etiqueta recoñecible a nivel nacional e que garante un estándar de calidade. “Cando se resolvan as seguinte fases deste proceso asinarase un convenio con cada universidade para cada Campus para a financiación dos programas que se aproben para o trienio 2019/21. Neste momento Galicia conta con 8 Campus con proxecto de especialización, incentivados pola Consellería con 15,7 millóns de euros.

No referido ao impulso do persoal e carreira investigadora, José Alberto Díez de Castro lembrou que o departamento educativo da Xunta está xa a traballar nun Plan de Captación e Retención de Talento Investigador a través de dúas modalidades, a de Investigador Sénior e a de Investigador Distinguido. Neste momento estase a definir a convocatoria da segunda modalidade, para a que está prevista a convocatoria dun máximo de 15 axudas con contratos dunha duración mínima de 4 anos. “Isto permitirá a atracción e incorporación de persoal de recoñecida traxectoria e a contratación e promoción de investigadores vinculados ás universidade na actualidade”.

O secretario xeral destacou a importancia, así mesmo, dos Centros de Investigación Singulares de Galicia, que contan cun programa de financiamento cunha dotación económica entre 2016 e 2021 de 30 millóns de euros. Lembrou, asemade, que neste momento, ademais dos devanditos 5 centros singulares (CITIC, CIQUS, CIMUS, CIMBIO e ECIMAT), o Sistema Universitario de Galicia conta con dúas agrupacións estratéxicas consolidadas (CITIUS e AtlantTIC), outras 7 en formación, unha unidade de excelencia María de Maetzu e 214 grupos de referencia competitiva e con potencial de crecemento.

Por outra parte, a Consellería mantén o seu apoio a case 500 mozas e mozos investigadores que contan cunha carreira formativa de ata 8 anos, grazas á blindaxe á I+D+i que facilita o Plan de Financiamento, que prevé un investimento directo neste eido de 220 millóns de euros no período 2016/19.

Suma de esforzos

O secretario xeral de Universidades fixo fincapé tamén na importancia da colaboración das tres universidades galegas para o impulso do modelo de investigación, así como con outra entidades como a Axencia Galega de Innovación (GAIN) ou a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS).

Neste sentido, fixo un chamamento a sumar esforzos para que “o noso sistema universitario sexa unha das principais referencias cando se fale de investigación en España, porque ese é o lugar que nos corresponde”.

Información xeralUniversidadeSecretaría Xeral de UniversidadesProfesoradoAlumnado
Categorías: Novas da Consellería

Carmen Pomar salienta o papel dos Premios San Clemente no fomento da lectura e o espírito crítico entre os máis novos

Conselleria de educación - Mié, 20/03/2019 - 20:44
Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, salientou hoxe o papel do Premio Arcebispo Juan de San Clemente -impulsado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago- no fomento da lectura e o espírito crítico entre os máis novos, que son os principais protagonistas deste galardón que se instaurou hai 24 anos.

A conselleira participou este serán no acto de entrega dos galardóns, que nesta XXIV edición recaeron en Marcos Calveiro (galardoado en lingua galega pola súa obra “O xardineiro dos ingleses”), Pedro Mairal (en lingua castelá por “La uruguaya”) e a surcoreana Han Kang (en lingua estranxeira, coa súa obra “La vegetariana”). Á entrega asistiu tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Carmen Pomar sinalou que este certame é “unha ferramenta eficaz” para fomentar a lectura entre o alumnado e, deste xeito, “potenciar o razoamento, mellorar o vocabulario e a capacidade expresiva” entre outros aspectos.

Ademais de felicitar aos galardoados, a conselleira estendeu os parabéns aos promotores deste premio -sobre todo docentes e alumnado-, que foron quen de lograr que “unha iniciativa que nace no seo dunha comunidade educativa local sexa hoxe un galardón literario de referencia internacional”.

Premios autonómicosEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Novas da Consellería

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións na especialidade informática (590107), especialidades de sistemas e aplicacións informáticas (591227) e soldadura (591228)

Conselleria de educación - Mié, 20/03/2019 - 14:14
Idioma GallegoAnuncio principal: Apertura de listas de interinidades de francés, música, análise e química industrial, informática, organización e proxectos de fabricación mecánica, instalacións e mantemento de equipos térmicos e fluídos , sistemas e aplicacións informáticas e soldadura

Resolución do 20 de marzo de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade informática (590107) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidades de sistemas e aplicacións informáticas (591227) e soldadura (591228).

  • Prazo de reclamacións de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución
Servizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas da Consellería

Proxectos de formación para o profesorado de FP para o curso 2018/2019. Resolución provisional

Conselleria de educación - Mié, 20/03/2019 - 13:33
Idioma Gallego

Publicada a resolución provisional de proxectos de formación presentados á convocatoria do 10 de xaneiro do 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2018-2019 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

  • O prazo de presentación da documentación requirida, reclamación ou renuncia, remata o de 3 de abril de 2019
  • Máis información
Tema: Información xeralProxectos de formación do profesorado de formación profesionalEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Ordenación e Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoCentros
Categorías: Novas da Consellería

A Consellería de Educación adxudica a ampliación do CEIP Lamas de Abade (Santiago)

Conselleria de educación - Mié, 20/03/2019 - 13:10
Summary: Construirase un novo edificio con capacidade para 150 alumnas e alumnosAdemais, ampliarase o patio cuberto e instalarase un ascensor no edificio existente Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe na Plataforma de Contratación a adxudicación, por 1.160.653,78 €, da obra de ampliación do CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela). O prazo de execución da obra, unha vez asinada a Acta de Comprobación e replanteo, será de 6 meses.

A obra consistirá na construción dunha nova edificación destinada a aulario de Infantil, cunha superficie total construída de 831,7 metros cadrados e capacidade para 150 alumnas e alumnos. O edificio contará con 6 aulas con aseo no seu interior, unha sala de usos múltiples, unha aula de apoio educativo, unha aula exterior, un patio cuberto, así como distintas salas de usos tanto administrativos como para as instalacións, almacenaxe e limpeza. Ademais prevese a instalación dun novo ascensor no edificio existente.

Para conectar o novo edificio co actual construirase unha pasarela acristalada, polo que haberá que abrir o pertinente oco na fachada do existente para a instalación dunha porta de paso entre ambos espazos, así como reestruturar unha das aulas da planta baixa para xerar un novo corredor de acceso á pasarela. A maiores, ampliarase a zona cuberta existente no patio e conectarase o novo aulario co parque infantil e co patio cuberto a través de ramplas e escaleiras.

Construcións e mellorasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Novas da Consellería

Proxectos de formación para o profesorado de FP 2018-2019. Resolución provisional

Formación Profesional Galicia - Mié, 20/03/2019 - 11:50

Publicada a resolución provisional de proxectos de formación presentados á convocatoria do 10 de xaneiro do 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2018-2019 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Na seguinte ligazón atopará a relación de proxectos presentados, agrupados por centro educativo coordinador, así como a documentación requirida se é o caso.

O prazo de presentación da documentación requirida, reclamación ou renuncia, remata o de 3 de abril de 2019.

Categorías: Noticias de Fp

Adxudicación provisional do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial para o ano 2019

Conselleria de educación - Mié, 20/03/2019 - 08:55
Idioma GallegoAnuncio principal: Concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación especial para o ano 2019

De acordo co establecido na base décimo quinta da Orde do 26 de novembro de 2018 pola que se convoca concurso específico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura de Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (DOG núm. 237, do 13 de decembro), o persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.

  • O prazo para reclamacións e renuncias, e o comprendido entre o día 21 de marzo e o 3 de abril ambos incluídos.

As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base sexta e remitiranse ademais por correo electrónico a persoal.primaria@edu.xunta.gal

De acordo coa base segunda, se a praza adxudicada é un centro de orientación compartido, poderá consultar se ten centros compartidos e/ou adscritos no Anexo II ou no Anexo III da orde pola que se convoca este concurso específico.
 

Servizo relacionado: CXTTema: Programas e plansConcurso de trasladosEnsinanza: Educación primariaDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas da Consellería

Publicación da adxudicación provisional do concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para o ano 2019

Conselleria de educación - Mié, 20/03/2019 - 08:39
Idioma GallegoAnuncio principal: Concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2019

De acordo co establecido na base vixésimo novena da Orde do 15 de outubro de 2018 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes aplicadas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (DOG núm. 208, do 31 de outubro), o persoal concursante poderá formular reclamación á resolución provisional no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.

O persoal docente que desexe renunciar á súa participación no concurso deberá formular a súa renuncia aínda no suposto de que non obtivese destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, podería obter destino na resolución definitiva.

  • O prazo para fomular reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 21 de marzo e o 3 de abril ambos incluídos.

As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base vixésimo segunda e, en todo caso, unha vez rexistradas, adiantaranse por correo electrónico a: persoal.primaria@edu.xunta.gal

 

Servizo relacionado: CXTTema: Programas e plansConcurso de trasladosEnsinanza: Educación infantilEducación primariaDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Novas da Consellería

Carmen Pomar destaca a implicación da comunidade educativa do CPI de Fonte-Díaz (Touro)

Conselleria de educación - Lun, 18/03/2019 - 12:08
Summary: O centro é moi activo no desenvolvemento de programas educativos innovadores e transversais Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou hoxe o CPI de Fonte-Díaz, na localidade coruñesa de Touro, onde tivo a oportunidade de agradecerlle á comunidade educativa a súa implicación. Non en balde, ademais de ser plurilingüe desde o curso 2010/11 e incorporar no curso actual o plurilingüismo na etapa de infantil, o centro desenvolve numerosos programas educativos innovadores e transversais.

Neste sentido destacou que o traballo diario dos docentes fai posible que o alumnado de centros do rural coma este teñan as mesmas oportunidades cós centros con maior número de estudantes situados en núcleos de poboación de maior tamaño.

O centro educativo, o único do concello de Touro, desenvolve este curso varias liñas dos contratos programa, en concreto o Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA), a de mellora das competencias clave en matemáticas e en comunicación lingüística, a de mellora da convivencia e promoción da igualdade e a destinada a mellorar a xestión dos centros educativos.

O CPI participa, así mesmo, no Plan Proxecta, iniciativa na que colaboran diferentes organismos e que está dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores. Neste caso o centro participa este curso no programa Aliméntate ben, para a mellora dos hábitos alimenticios do alumnado; en Donas de si, de visibilización e empoderamento das mulleres como pezas fundamentais do desenvolvemento da sociedade galega; e en Xogade, para a promoción da vida activa e saudable.

Na súa visita a conselleira estivo acompañada polo alcalde de Touro, Ignacio Codesido; polo secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén; e polo xefe territorial da Consellería na Coruña, Indalecio Cabana.

Información xeralEducación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Novas da Consellería

Educación amplía ata o 24 de marzo o prazo para completar o II macrocuestionario on line sobre convivencia nas aulas

Conselleria de educación - Sáb, 16/03/2019 - 10:00
Summary: Poden participar familias, docentes e persoal non docente vinculado aos centros educativos, así como alumnado a partir de 5º curso de PrimariaAccédese a el a través dunha aplicación informática e cunhas claves aleatorias que a dirección de cada centro entrega aos seus membrosO cuestionario é totalmente confidencial, e o tempo medio para cubrilo é duns dez minutos Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional amplía ata o domingo 24 de marzo o prazo para completar o II macrocuestionario on line sobre convivencia nas aulas, que ten como obxectivo actualizar os datos obtidos na primeira edición deste cuestionario elaborado a finais de 2015, e que serviu para obter, por primeira vez, unha radiografía da situación dos centros escolares de Galicia. Trátase, por tanto, de testar o pulso da convivencia de xeito continuado no tempo e coñecer a súa evolución, co obxectivo último de deseñar medidas específicas a prol da convivencia escolar que sexan o máis axeitadas á realidade existente.

Este macrocuestionario está dirixido ao conxunto da comunidade escolar, un colectivo dunhas 500.000 persoas entre as que se inclúen alumnado a partir de 5º curso de primaria, docentes, familias e persoal non docente, e para todas as etapas educativas (infantil, primaria, secundaria, FP, Bacharelato, escolas de idiomas e conservatorios de música).

O cuestionario -que xa está dispoñible- cóbrese a través dunha aplicación informática específica en liña, e son os directores dos propios centros os encargados de xerar as claves de acceso para todos os membros da súa comunidade educativa, de xeito totalmente aleatorio, garantindo así o anonimato dos participantes. Deste xeito, os destinatarios poden acceder ao cuestionario -coas claves aleatorias que lle asinen- a través de calquera dispositivo electrónico (ordenadores, móbiles, tabletas,…).

Trátase dun proceso totalmente privado e anónimo e, co fin de acadar os resultados máis obxectivos posibles, o contido das preguntas coñecerano cada un dos participantes no proceso no mesmo momento en que decide cubrir o cuestionario.

Para manter a súa fiabilidade, validez e consistencia interna, mantense o groso das preguntas da primeira edición, que están deseñadas en función do colectivo ao que van dirixidas.

Non obstante, introducíronse algúns cambios como a eliminación de ítems iniciais que non tiveron incidencia no estudo, e amplíanse preguntas sobre aspectos que, desde esa última enquisa, se teñen amosado como clave na escolaridade e que axuden aos centros a unha diagnose máis exhaustiva que permita unha mellor adaptación os seus propios plans de igualdade.

En total hai sete tipos de cuestionarios distintos en función do colectivo aos que vai dirixido, con menos de 20 preguntas sinxelas e directas por documento, polo que o tempo estimado para cubrilo é duns dez minutos.

Ao igual que ocorreu co anterior cuestionario, unha vez concluído o proceso, cada centro escolar recibirá os seus resultados debidamente organizados. E, a partir deles, deberá analizar o seu caso particular e implementar o seu propio Plan de Convivencia. A maiores, a Consellería realizará unha análise global da convivencia escolar en Galicia que sirva para orientar a toma de decisións desde evidencias sólidas.

Esta acción enmárcase dentro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 “educonvives.gal”, para afondar en medidas a prol dunha escola inclusiva e da mellora no clima nas aulas da nosa comunidade.

ConvivenciaEnsinanzas de réxime xeralEnsinanzas de idiomas de réxime especialEnsinanzas de músicaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Novas da Consellería

Carmen Pomar inaugura as xornadas sobre a lingua francesa no sistema educativo galego, que congregan uns 200 docentes

Conselleria de educación - Vie, 15/03/2019 - 18:11
Summary: A conselleira de Educación lembra que o alumnado galego presenta unha taxa de resultados superior á media nacional na certificación oficial de niveis de francés Idioma Gallego Carmen Pomar inaugura as xornadas sobre a lingua francesa no sistema educativo galego, que congregan uns 200 docentes

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, abriu esta tarde as 32èmes Journées Pédagogiques, un congreso organizado pola Asociación de Profesores de Francés en Galicia, celebrada hoxe no IES As Fontiñas, en Santiago e que congrega uns 200 docentes deste ámbito.

Carmen Pomar puxo en valor a extensión do coñecemento de idiomas a todas as etapas educativas, que xa está dando resultados cualitativos e cuantitativos no alumnado no idioma maioritario que é o inglés, pero tamén no francés, o máis escollido como segunda lingua estranxeira.

“Os nosos rapaces e rapazas son capaces de comunicarse, de expresar ideas e pensamentos nas linguas estranxeiras coas que están a traballar”, abondou a conselleira, quen salientou que o alumnado galego presenta unha taxa de resultados superiores á media nacional na certificación oficial de niveis de francés. Así se desprende das probas da última convocatoria do Delf Escolar (Diploma de estudos en lingua francesa) de 2018, que sitúa a Galicia como a cuarta comunidade autónoma de inscritos de toda España, e cunha taxa de resultados superior á da media nacional, co 100% de aprobados no nivel A1, case o 99% no B1 e máis do 97% no B2 de certificación.

Os centros educativos galegos contan cun amplo abano de programas de aprendizaxe en lingua francesa, así como con accións específicas de formación do profesorado. De feito, no presente curso escolar Galicia conta con 28 auxiliares de conversa en lingua francesa procedentes de catro nacións distintas (Francia, Canadá, Bélxica e Marrocos) que imparten docencia como profesores de apoio nos centros plurilingües en francés así como nas Escolas Oficiais de Idiomas.

A formación nas aulas complétase con programas de intercambio en centros estranxeiros da UE para que o alumnado de 3º e 4º de ESO mellore a súas competencias noutro idioma en centros estranxeiros da Unión Europea; ou con formación complementaria para alumnado de colexios e institutos que desexen presentarse ás probas de certificación das Escolas Oficiais de Idiomas, con 61 programas neste curso, 13 deles en francés.

Ademais, o IES Plurilingüe Neira Vilas de Oleiros —o único centro plurilingüe en francés en Galicia— ten implantado o BachiBac, o programa de dobre titulación de Bacharelato e Bacclauréat, que permite o acceso aos estudos superiores e á formación e á actividade profesional, tanto en España como en Francia.

Información xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesorado
Categorías: Novas da Consellería

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Listaxes definitivas de solicitudes e exencións. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2019

Conselleria de educación - Vie, 15/03/2019 - 17:00
Idioma Gallego

Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións, as instrucións e a asignación de centros e sedes para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2019.

Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Ordenación e Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Novas da Consellería

Probas de acceso a grao superior. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2019

Formación Profesional Galicia - Vie, 15/03/2019 - 16:50

Publicadas as instrucións e a asignación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2019.

- Máis información sobre a convocatoria

Categorías: Noticias de Fp
Distribuir contenido


by Dr. Radut