Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

Equipo de dinamización lingüística

Equipo de dinamización lingüística

Dinamización

Dinamización

Somos o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CIFP Coroso e queremos potenciar o seu uso na comarca do Barbanza, promovemos diferentes actividades principalmente para a nosa comunidade educativa aínda que tamén de cando en vez participan persoas alleas a ésta.

Non queremos que a nosa lingua desapareza polo tanto contamos contigo!

Podes atoparnos nas seguintes ligazóns:

Blog colleitadores Blog EDLG

 

 Facebook Instagram Dinamiza Coroso

 

E se queres contactar con nós, preguntarnos ou aportarnos ideas podes facelo a través do correo electrónico  edlg.cifp.coroso@edu.xunta.gal

 

CONMEMORAMOS O DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

Día de Rosaía de Castro

O día 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía e quixemos conmemoralo lendo uns poemas da escritora e tamén degustando a receita do seu famoso caldo de gloria. Todos os membros da comunidade educativa desfrutaron desta elaboración.

Día de Rosaía de Castro
Día de Rosaía de Castro

Igualdade

"NA MESMA PROFESIÓN, A MESMA VALÍA" - IGUALDADE EN COROSO

Este espazo está integrado no Plan de Igualdade do CIFP Coroso, que ten como obxectivo principal fomentar a igualdade e non discriminación por razóns de xénero. Centramos a nosa labor en promover o acceso efectivo ao mundo laboral entre homes e mulleres.

Aquí poderás atopar enlaces a recursos, materiais, informacións e actividades en materia de coeducación que se van desenvolvendo ó longo do curso.

O CIFP Coroso comprometido coa educación na igualdade e a non discriminación.

Clica para ver o compromiso do CIFP Coroso ca igualdade

 

  

  Enlace ó Plan de Igualdade do C.I.F.P. Coroso para este curso 2023-24. Clique aquí.

 

  

  Enlace á web de Igualdade da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Clique aquí.

 

 

  Enlace á web do Pacto de Estado Contra a Violenxia de Xénero. Clique aquí.

 

A igualdade de xénero nas ensinanzas de FP do CIFP Coroso é unha realidade. Este video está subido ao canal de Youtube do centro e máis tamén ás redes sociais.

Neste ano tan diferente, as nosas campionas amósannos que podes alcanzar os teus soños se loitas por eles.

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2023 NO CIFP COROSO

Ven a celebrar o Día das Letras Galegas! A biblioteca énchese de música e dos paxariños piadores de adeus ríos, adeus fontes...

Dia das Letras Galegas 2023

Este ano, o 17 de maio trae no peto unha triple celebración. Homenaxemos a Francisco Fernández del Riego escritor, intelectual e político autor dunha extensa obra centrada principalmente na cultura e na literatura galega. Xunto a Otero Pedrayo e Ramón Piñeiro, entre outros intelectuais galegos, é un dos artífices da editorial Galaxia.

No 2023 cúmprense 60 anos da primeira celebración do 17 de maio, día elexido porque, en tal data (o 17 de maio de 1963) se cumprían 100 anos da publicación do primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, e que marcaría o inicio do chamado Rexurdimento cultural de Galicia.

Letras Galegas 2023

Letras Galegas 2023

Letras Galegas 2023

ENCONTROS LITERARIOS NO CIFP COROSO

A escritora galega Fina Casalderrey tivo un encontro literario co noso alumnado de FPB , Para transmitirlle a súa pasión pola escritura, a lectura e a creación de contidos en lingua galega.

Fina Casalderrey no CIFP Coroso

ENCONTROS LITERARIOS 2023

O mércores 15 de febreiro contaremos coa presenza da escritora Fina Casalderrey. Un encontro literario no que o alumnado de FPB poderá aprender moito dunha recoñecida escritora, guionista e gran defensora da lingua galega.

Encontros literarios 2023

Conmemoración do 8M

Día Internacional da Muller

Dende o CIFP Coroso queremos conmemorar o Día Internacional da Muller. Este ano o nos lema é "A muller da miña vida é...", que nos permiteu, coa colaboración do noso alumnado, acercarnos ás profesións e traballos realizados polas nosas  mulleres. Convidámosvos a todas e todos para que vexades o resultado desta iniciativa no mural exposto na entrada do centro novo. Parabéns a todas!!

 

Celebramos o Día de Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro celebraremos no CIFP Coroso o día de Rosalía.

Día de Rosalía de Castro

Convertimos a Rosalía de Castro nunha Tanxugueira para simbolizar que ela foi unha muller inspiradora dentro e fóra da súa TERRA e que rompeu fronteiras coa súa obra. Aquelas persoas interesadas na escritora poderán visitar a exposición bibliográfica que estará exposta na Biblioteca do Centro durante todo o mes de febreiro. Agardámosvos!

Charla sobre prevención e consumo nos adolescentes.

O día 10 de febreiro tivo lugar na Biblioteca do CIFP Coroso unha charla sobre a prevención do consumo de drogas entre adolescentes.

Charla no CIFP Coroso

Asistiron todos os grupos de FPB e contamos coa colaboración da Asociación Aprender a Educar.org Galicia. A directora da organización, un garda civil na reserva, e dúas testemuñas que viviron en primeira persoa o grave problema que arrastra o consumo, foron os encargados de tratar esta temática co alumnado.

Xornadas alumnado con TEA no CIFP Coroso

Charla sobre o TEA no CIFP Coroso

O martes 14 de decembro, tivo lugar na biblioteca do CIFP Coroso unha actividade formativa dirixida ao profesorado do centro para achegarnos ao trastorno do espectro autista - TEA, impartido pola psicóloga Marlene Horna Castiñeiras. O obxectivo era a comprensión deste trastorno e adquirir estratexias educativas para aplicar na aula.

Xornadas - Ver Cartel

O profesorado do Centro participará nunha xornada formativa sobre o ALUMNADO CON ESPECTRO AUTISTA NA FORMACIÓN PROFESIONAL. Terá lugar na Biblioteca do CIFP Coroso o día 14 de decembro das 16:00 ás 20:00 horas, e contará coa presenza de Marlene Horna Castiñeiras. Psicóloga clínica cunha dilatada experiencia traballando con persoas con TEA.

25-N. Coroso di NON. Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.

 

O CIFP Coroso quere conmemorar o 25 de Novembro, día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. NO QUE VAI DE ANO, FORON ASASINADAS EN ESPAÑA 37 MULLERES E 24 MENORES QUEDARON ORFOS. BASTA XA!!

Páxinas

Ligazóns

Nas seguintes ligazóns podes atopar recursos de interese:

TRADUTORES

CORRECTORES

  • OrtoGal: Corrector ortográfico de galego en liña.
  • VOLGa, da USC (ILG): Indica se a palabra está admitida en galego ou non.
  • Correctores automáticos das aplicacións tipo Word, OpenOffice...

DICIONARIOS