Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

Biblioteca do CIFP Coroso

A continuación tes todas a información da nosa biblioteca.

HORARIO DE APERTURA BIBLIOTECA:
CIFP COROSO (Luns a Venres)
Mañá: 8:30-15:00h.
Tarde: 16:30-21:00h
HORARIO DE PRÉSTAMO E DEVOLUCIÓNS DE BIBLIOTECA
CIFP COROSO
Luns: 16:30 a 20:00
Martes: 13:00 a 14:00
Mércores: 9:30 a 10:30
Xoves: 9:30 a 10:30 e de 19:00 a 20:00
Guia de Usuarios da Biblioteca
GUÍA DE USUARIOS / AS:
Prema na imaxe para atopar informacións relativas a:
- Servizos ofrecidos pola biblioteca.
- Como localizar un libro na bilioteca.
- Como consultar o catálogo da biblioteca on-line.
- Normas de funcionamiento e préstamo.
 
BUSCA NA BIBLIOTECA:
Prema na imaxe para entrar no catálogo da bilioteca.
 

 

HORARIO DE APERTURA BIBLIOTECA

CIFP COROSO (Luns a Venres)

Mañá: 8:30 a 15:00 h.

Tarde: 16:30 a 21:00 h

HORARIO DE PRÉSTAMO DE BIBLIOTECA

CIFP COROSO

Luns: 16:30 a 20:00

Martes: 13:00 a 14:00

Mércores: 9:30 a 10:30

Xoves: 9:30 a 10:30 e de 19:00 a 20:00

DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Prema para ver o programa completo

O CIFP Coroso vai celebrar as II Xornadas do Día Internacional da Muller e Nena na ciencia. Durante o 8 e 9 de febreiro, cada familia profesional do centro fará exposicións e experimentos en directo para amosar a importancia que ten a ciencia en cada ciclo formativo. Prema aquí para ver o programa completo.

Xornadas da muller e nena na ciencia

Xornadas da muller e nena na ciencia

DÍA DAS BIBLIOTECAS 24 DE OUTUBRO

Con motivo do día das Bibliotecas , 24 de outubro e baixo o lema " Unha biblioteca diversa: un mundo por explorar"  o noso alumnado de FPB  desfrutou visionando a película  Billy Elliot. Xa que este ano nos centrámos na igualdade, respecto e diversidade entre as persoas.

Día das Bibliotecas 2023

PARTICIPAMOS NO IX CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

En Coroso temos ben presente que debemos ser sostibles, por iso somos eCOlóxicos e teCnOlóxicos. Este é o noso lema para participar no IX Concurso de Traballos por Proxectos convocado por Bibliotecas Escolares de Galicia.

Clic para ampliar

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2023 NO CIFP COROSO

Ven a celebrar o Día das Letras Galegas! A biblioteca énchese de música e dos paxariños piadores de adeus ríos, adeus fontes...

Dia das Letras Galegas 2023

Este ano, o 17 de maio trae no peto unha triple celebración. Homenaxemos a Francisco Fernández del Riego escritor, intelectual e político autor dunha extensa obra centrada principalmente na cultura e na literatura galega. Xunto a Otero Pedrayo e Ramón Piñeiro, entre outros intelectuais galegos, é un dos artífices da editorial Galaxia.

No 2023 cúmprense 60 anos da primeira celebración do 17 de maio, día elexido porque, en tal data (o 17 de maio de 1963) se cumprían 100 anos da publicación do primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, e que marcaría o inicio do chamado Rexurdimento cultural de Galicia.

Letras Galegas 2023

Letras Galegas 2023

Letras Galegas 2023

23 DE ABRIL - CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

EXPOSICIÓN-CONCURSO "LIBROS AO CLAREO"

23 de Abril - Día do Libro

Vai chegando o 23 de abril, Día do Libro, e imos celebralo coa nosa tradicional exposición de "Libros ao clareo". Todos os membro desta comunidade educativa están convidadas e convidados a participar enviando ao correo da bibloteca biblioteca.cifp.coroso@edu.xunta.gal unha recomendación sobre un libro e do que se queira que os demáis poidamos disfrutar tamén.

Todas as recomendacións serán expostas na entrada do centro novo, e só por participar recibirás un pequeno agasallo. A data tope para enviar a proposta é o 21 de abril.

Se precisas máis información, atoparala tanto na Biblioteca como na Web do centro, na que tamén está o modelo para poder participar. Anímate a compartir as túas experiencias lectoras e celebra o Día do Libro!

Clica aqui para descargar a plantilla en formato .pdf

VISITA DO ALUMNADO DO C.E.I.P.P. DE PALMEIRA

VIDA SUBMARIÑA E PROTECCIÓN DOS MARES

Descargar cartel da actividade

Os días 12 e 13 de abril visitaron o CIFP Coroso os nenos/as de 3º e 4º do CEIPP Palmeira que están realizando un proxecto sobre a vida submariña e protección dos mares. Na súa visita coñeceron de primeira man o traballo que se realiza nun laboratorio, nunha planta alimentaria e tamén a aplicación da robótica na empresa.

Visita do C.E.I.P.P. de Palmeira

Visita do C.E.I.P.P. de Palmeira

Visita do C.E.I.P.P. de Palmeira

Visita do C.E.I.P.P. de Palmeira

IDENTIDADE - CONVERSAS CON NEE BARROS

O vindeiro 30 de marzo contamos coa presenza de Nee Barros, autor da obra de teatro Identidade.

Conversas con Nee Barros

No encontro conversaremos sobre a sua obra, a súa experiencia vital e persoal e a normalidade do que non é común. O encontro, realizado co patrocinio da Editorial Galaxia, celebrarase na Biblioteca do CIFP Coroso, entre as 12:00 e as 14:00 horas.

8M - DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Un ano máis, no CIFP Coroso dicimos Parabéns a todas as mulleres! Celebramos o 8M, Día Internacional da Muller, baixo o lema “Disque meigas e tolas….somos mulleres”.

Dia Internacional da Muller  - 8M

Coa colaboración do noso alumnado elaboráronse carteis que presentan a mulleres que destacaron polas súas aportacións nos campos científicos correspondentes ás distintas familias profesionais. Quen visite a biblioteca poderá disfrutar e aprender cos traballos realizados.

ENCONTROS LITERARIOS NO CIFP COROSO

A escritora galega Fina Casalderrey tivo un encontro literario co noso alumnado de FPB , Para transmitirlle a súa pasión pola escritura, a lectura e a creación de contidos en lingua galega.

Fina Casalderrey no CIFP Coroso

ENCONTROS LITERARIOS 2023

O mércores 15 de febreiro contaremos coa presenza da escritora Fina Casalderrey. Un encontro literario no que o alumnado de FPB poderá aprender moito dunha recoñecida escritora, guionista e gran defensora da lingua galega.

Encontros literarios 2023

Páxinas