Mensaxe de erro

Notice: Undefined offset: 1 en counter_get_browser() (liña 70 de /srv/www/drupal7/sites/all/modules/counter/counter.lib.inc).

Programas europeos alumnado

O CIFP Coroso proporciona ó alumnado de ciclos formativos a posibilidade de participar en estancias formativas para prácticas en empresas da Unión Europea dentro do marco do programa de mobilidade educativa co- financiado con fondos da Unión Europea denominado Erasmus+.

As vantaxes que aporta o noso alumnado a participación nun programa de mobilidade educativa son múltiples:

  • Realización do módulo de FCT nunha empresa da Unión Europea.
  • Mellorar a súa posibilidade de emprego e as habilidades persoais.
  • Mellorar as destrezas lingüísticas nun idioma estranxeiro.
  • Vivir una experiencia persoal única nun país estranxeiro.

A través do Blogue Internacional Coroso podes localizar toda a información de interese relacionada co funcionamento dos programas de mobilidade do alumnado no CIFP Coroso:

  • Informarte do funcionamento do programa tanto se eres alumno/a dun Ciclo de Grado Superior como se eres alumno/a dun Ciclo de Grado Medio ou de Formación Profesional Básica.
  • Obter os formularios precisos para tramitar a túa participación no programa.
  • Consultar os datos da última convocatoria.
  • Acceder á información de interese se vas participar no programa.

 

Ir a Internacional Coroso