Oferta formativa

No CIFP Coroso cóntase coa seguinte oferta formativa:

RÉXIME ORDINARIO:

En horario de : 08:30 a 15:00 h

TRANSPORTE E MANTEMENTO DE VEHÍCULOS:

  • F.P.B. Mantemento de vehículos.
  • F.P.B. Mantemento de embarcacións deportivas e de recreo.
  • C.M. Electromecánica de vehículos automóbiles.
  • C.M. Carrozaría.
  • C.S. Automoción.

ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA:

  • C.M. Instalacións eléctricas e automáticas.
  • C.S. Sistemas electrotécnicos e automatizados.

INSTALACIÓNS E MANTEMENTO:

  • C.M. Instalacións frigoríficas e de climatización
  • C.S. Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos (Réxime Dual - en horario de mañán)

INDUSTRIAS ALIMENTARIAS:

  • F.P.B. Industrias alimentarias.
  • C.M. Elaboración de produtos alimentarios (Réxime Dual - en horario de mañán)
  • C.S. Procesos e calidade na industria alimentaria (En horario de tarde de 15:30 a 22:00 h)

REXIME ADULTOS (OFERTA MODULAR):

En horario de : 17:30 a 22:00 h

  • C.M. Electromecánica de vehículos automóbiles
  • C.M. Instalacións eléctricas e automáticas
  • C.M. Instalacións Frigoríficas e de climatización

Pódese consultar máis información dentro de cada unha das familias profesionais. (Menú "Formación")

OUTRAS OFERTAS:

FORMACIÓN CONTINUA
Enfocada a traballadores en activo, mediante accións formativas demandadas polas empresas do entorno.

FORMACIÓN OCUPACIONAL
Dirixida a persoas en situación de desemprego. Promovidos polas Consellerías de Traballo e de Educación a través das oficinas de emprego e/o selección nocentro.

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS
O CIFP Coroso é a sede acreditadora/avaliadora onde se desenvolve o proceso de recoñecemento, avaliación e acreditación das competencias profesionais por experiencia laboral e/ou por formación.

CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE
Información sobre certificados de profesionalidade.

PROBAS DE ACCESO
Sede comarcal para a realización de probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio e Grao Superior

PROBAS LIBRES
Celebración de probas libres para a obtención de títulos de F.P.