You are hereFormación e Orientación Laboral

Formación e Orientación Laboral


Departamento de Formación e Orientación Laboral sticky icon

 

O departamento de formación e orientación laboral (FOL) é o encargado de organizar, coordinar e desenvolver as ensinanzas propias dos módulos profesionais correspondentes de FOL e EIE (Empresa e Iniciativa Emprendedora) e as actividades que se lle encomenden, dentro do ámbito das súas competencias. O departamento está formado polos seguintes docentes:

Xefa de departamento: Estrella Buján Fernández

Profesorado:

  • Mª Teresa Barreiro Abilleira (Coordinadora emprendemento)
  • Estrella Buján Fernández
  • Francisco Gómez Galdo
  • Ana María López Ulloa

Algunha das competencias deste departamento son as seguintes:

- Colaborar co departamento de Información e orientación profesional nas funcións de información, asesoramento e orientación, responsabilizándose do desenvolvemento das actividades e dos programas de emprendemento e de inserción laboral.

- Promover a investigación educativa.

Concurso Idea & Emprende 2015

O pasado 26 de xuño entregáronse no CIFP A Xunqueira os premios do concurso Idea & Emprende, do que o noso centro foi colaborador xunto co IES Luis Seoane.

O resultado deste concurso foi o seguinte:

  • 1º Premio: Proxecto HADIAH, desenvolvido por alumnos do IES Luis Seoane de Pontevedra, cunha dotación de 800 euros.
  • 2º Premio: Ostrería Duarte.0. da ex-alumna do CIFP Carlos Oroza, Amaya Duarte Álvarez, dotado con 400 euros.

Noraboa aos premiados e a tódolos participantes.

O agradecemento especial ás profesoras do departamento de FOL do CIFP Carlos Oroza, Teresa Barreiro e María Pereiro, pola súa adicación e colaboración no desenvolvemento deste concurso.

Concurso Idea&Emprende 2015

 

Se tes unha idea de negocio innovadora... Se cres que se poden facer as cousas doutro xeito... Se es unha persoa emprendedora con ganas de contarnos o teu proxecto empresarial animámoste a que participes nesta II Edición do Concurso Idea&Emprende 2015.

As mellores ideas empresariais serán galardoadas con 800€ (1º premio) e 400 € (2º premio).

Consulta aquí as Bases do concurso e os requisitos de participación, así coma o Modelo de Resumo Executivo do proxecto. Tes de prazo ata o 30 de Maio.

Anímate e participa !!