O departamento de Relación con empresas, cuxa xefatura exerce a profesora Pilar Novelle González, está composto polos titores e titoras de formación en centros de traballo.
Se necesita máis información contacte con: relacion.empresas@cifpcarlosoroza.es
As principais tarefas do departamento son:
- Establecer relacións para a concreción dos convenios de colaboración coas empresas do ámbito socioprodutivo para a realización de actividades do centro integrado e o módulo de formación en centros de traballo.
- Potenciar a inserción laboral do alumnado do centro
- Difundir e promover o coñecemento das cualificacións adquiridas a través da formación impartida no centro integrado.