CIFP Carlos Oroza

Información e Orientación Profesional

Listados do SERGAS de cociñeiro e pinche

No Diario Oficial de Galicia do luns, 25 de febreiro, sae publicado o inicio do prazo para a inscrición nas listas do SERGAS de distintas especialidades, entre outras, de pinche e de cociñeiro/a. O prazo remata o día 25 de marzo para a primeira lista.


Podedes ter máis información no seguinte enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130225/AnuncioG0003-180213-0001_gl.html

Convocadas dúas bolsas para prácticas nas oficinas de turismo de Cangas

Acaban de convocarse dúas prazas para facer prácticas nas oficinas de turismo do Concello de Cangas. Na súa web se pode atopar máis información: www.cangas.org.

Ademáis, no seguinte enlace están as bases da convocatoria: http://cangas.org/portada/bases_turismo_cangas.pdf.

Convocatoria prazas informador turístico na Deputación de Pontevedra

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do día 20 de febreiro  convocáronse 34 prazas para informadores turísticos nas oficinas de turismo da provincia.

Como requisito fundamental está ter o título de Técnico Superior en Guía, información e asistencia turísticas, ou en Información e Comercialización Turísticas.

Hai dez días hábiles para presentar as solicitudes. Podedes consultar toda a convocatoria no seguinte enlace: Aquí.

Distribuir contido