Skip to Content

logo_Carlos_Oroza

logo_xeral

logo xunta

n/d
n/d

Acreditación e Probas

Listaxes de admitidos e excluídos no proceso de acreditación de competencias

Publicación en data 1 de abril de 2014, das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluidas por non ter presentado a documentación de enmenda no prazo establecido para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2014.

Prazo para realizar reclamacións: do 2 ao 11 de abril de 2014, ámbolos dous incluídos.

Se vostede atopa algunha incidencia ou non está de acordo coas listaxes, debe realizar unha reclamación segundo o procedemento que se indica a continuación.

Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú<<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente remitila á sede onde entregou a súa solicitude.

Nas listaxes provisionais figurarán as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.

CIFP CARLOS OROZA

Si necesita máis información, contacte co departamento de Acreditación e Probas do CIFP Carlos Oroza no 986 84 70 02.

CONVOCATORIA PROCEDEMENTO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS

Informamos de que o pasado 22 de xaneiro foi publicada a Orde do 14 de xaneiro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Para información adicional, prema no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/fp/convocatoria-2014-acreditacion

Ou contacte cos departamentos de Acreditación de Competencias ou Información e Orientación Profesional do noso centro.

Reunión grupal de asesoramento do proceso de Acreditación de competencias

30/09/2013 16:56
07/10/2013 23:56

Presentación dos admitidos no proceso de acreditación de competencias convocado ao abeiro da Orde do 25 de abril de 2013 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, de distintas familias profesionais.

A primeira reunión de asesoramento, que será a reunión grupal, desenvolverase o vindeiro luns, 7 de outubro ás 16 horas no CIFP Carlos Oroza. Nesta reunión se informará sobre o Sistema nacional de cualificacións, o procedemento, as fases deste, as obrigas e dereitos do candidato e as funcións da asesora, sobre o proceso concreto de avaliación e acreditación, e sobre os principais contidos das unidades de competencia correspondentes. Asemade, entregarase a documentación da fase de asesoramento e farase unha explicación sobre ela.

O asesoramento é obrigatorio, polo que a falta de asistencia inxustificada provocará a perda da condición de persoa candidata admitida no procedemento.

Para máis información, contacten co xefe de departamento de Acreditación e Probas no teléfono do centro: 986847002.

Distribuir contido


by Dr. Radut