Skip to Content

logo_Carlos_Oroza

logo_xeral

logo xunta

 
 
 
 

Contacto
886159545 cifp.carlos.oroza@edu.xunta.gal 886159545 cifp.carlos.oroza@edu.xunta.gal 886159545 cifp.carlos.oroza@edu.xunta.gal

Oferta
Ciclos formativos FP dual Formación directa ao emprego Ciclos formativos FP dual Formación directa ao emprego

Acreditación e Probas

Convocatoria reunión grupal do procedemento de acreditación de competencias

Procedemento de acreditación de competencias. Fase de asesoramento: Data e lugar da primeira reunión (grupal) do CIFP Carlos Oroza

Publicadas as listaxes de de persoas admitidas e excluídas, con data 10 de abril de 2015, iníciase a fase de asesoramento para as persoas admitidas, segundo o establecido na Orde do 16 de decembro de 2014 (DOG do 2 de xaneiro de 2015) pola que se convocou o proceso de acreditación de competencias.

En aplicación do artigo 13.3 "A convocatoria para a primeira reunión grupal realizarase mediante a súa publicación na páxina web da sede onde se desenvolva o procedemento e na páxina www.edu.xunta.es/fp da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e terá efectos de notificación ás persoas interesadas. Asemade a data da reunión reflectirase no expediente do candidato na aplicación informática de xestión do procedemento" da citada Orde, procédese a publicación das datas da primeira reunión grupal.

A data e hora da primeira reunión grupal dos candidatos do CIFP Carlos Oroza é a seguinte:

  • Día 6 de maio, mércores, ás 16 horas na aula taller cafetaría "Suso Domínguez"

Lembre que nesta primeira reunión deberá presentar o xustificante do pago da fase de asesoramento (para máis información consulte a páxina Taxas para ver as posibles excepcións).

Para calquera información adicional ou consulta de dúbidas, contacte co xefe do departamento de Acreditación e Probas, Daniel Pulzoni no teléfono do centro: 986 847 002 ou no correo electrónico: acreditacion.competencias@cifpcarlosoroza.es

 

Acreditación de competencias. Listaxes definitivas de admitidos e excluídos

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2015.

Nas listaxes definitivas figurarán as persoas solicitantes agrupadas sede, ciclo formativo, unidade de competencia e estado.

Listaxe definitiva de admitidos e excluídos

Listaxe definitiva de persoas excluídas por non ter emendado a documentación

 

Prégase que as persoas admitidas para participar no procedemento estean pendentes da data na que se convocará a reunión grupal de asesoramento, de asistencia obrigatoria para permanecer no procedemento de acreditación de competencias.

Para calquera dúbida ou consulta, contacten co xefe do departamento de Acreditación e Probas, Daniel Pulzoni, no teléfono do centro: 986 847 002 ou no correo acreditacion.competencias@cifpcarlosoroza.es

 

Acreditación de competencias. Listaxes provisionais de admitidos e excluídos

 

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter presentado a documentación de emenda no prazo establecido para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2015.

Prazo para realizar reclamacións: do 20 ao 24 de marzo de 2015, ámbolos dous incluídos.

Toda a información se atopa no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/fp/provisionais-admitidos-excluidos-acreditacion-2015

Para calquera información adicional o consulta de dúbidas, contacten co xefe de departamento de Acreditación e Probas do centro no teléfono: 986 847 002

Distribuir contido


by Dr. Radut