No CIFP Carlos Oroza impártense dous ciclos formativos de grado superior na modalidade FP dual, o ciclo de Xestión de Aloxamentos Turísticos e un ciclo con doble titulación en Dirección de Cociña e Servizos en Restauración.
DOBLE TITULACIÓN
Técnico Superior en Dirección de Cociña + Técnico Superior en Dirección de Servizos de Restauración
Ámbolos dous ciclos se imparten de xeito simultaneo mediante un intinerario modular obtendo ámbas as duas titulacións en 3 anos, alternando en cada un dos cursos 6 meses de formación no centro educativo e 6 meses de prácticas remuneradas mediante beca FEUGA en hoteis da cadea Eurostars Hotels do grupo Hotusa.
A doble titulación é posible debido aos numerosos módulos comúns existentes entre as dúas titulacións de grado superior de xeito que se validan oficialmente, posibilitando así a realización de dous ciclos formativos de grado superior en tres anos.
XESTIÓN DE ALOXAMENTOS TURÍSTICOS
Ciclo formativo de 2 anos de duración alternando perídos de formación de 6 meses no centro e 6 meses en empresa. Empresas nas que é posible realizar o período de formación en empresa: Eurostars Hotels, Oca Hotels, Hotel Louxo La Toja.
Beca
Tanto no ciclo de doble titulación como no de Xestión de Aloxamentos Turísticos cada alumno percibirá da empresa unha bolsa mensual de 500€, ademáis do aloxamento durante o periodo de estancia na empresa e a viaxe de ida e volta para cada periodo formativo.
Consulta aqui a orde que regula as ensinzanzas de FP Dual
Instruccións e prazos de admisión e matricula
Impreso de admisión en galego
Impreso de admisión en castelán
