Skip to Content

logo_Carlos_Oroza

logo_xeral

logo xunta

n/d
n/d

Espazo InnovaOroza

Espazo de Innovación Educativa "InnovaOroza"

 #aprenderfacendo

 

Compromiso firme co ensino de calidade, e unha clara visión na innovación dos procesos de ensino baseados nunha metodoloxía de aprendizaxe por proxectos, fan que cada curso escolar participemos e organizemos múltiples actividades onde o alumnado traballa a creatividade e a investigación.

Nestes momentos estamos a desenvolver varios proxectos de innovación premiados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, entre eles destacamos:

  • Proxecto "Para mín, para tí, para todos". Proxecto trasversal a todas as ensinanzas do centro para a formación en atención ao cliente con diversidade funcional. Desenvolto en colaboración coas fundacións ONCE e Xoan XIII.

 

 

  • Proxecto de innovación “Investigación e desenvolvemento de novos usos culinarios de lapa, patella spp”. Proxecto de investigación alimentaria sobre a lapa, desenvolvido en colaboración coa Cofradía de Pescadores San José de Cangas, a Universidade de Santiago de Compostela e a spin-off Tastelab, consultoría de base tecnolóxica orientada ao estudo de produtos. O proxecto versa sobre a investigación de formas de cociñado, envasado e comercialización da lapa.

 

 

  • Proxecto "PonteVan: a FP na rúa", Deseño e creación dun vehículo propio de comida na rúa a través do traballo colaborativo de centros de formación profesional e empresas, que permitirá facer prácticas reais ao alumnado das familias profesionais de Hostalaría e Turismo e de Industrias Alimentarias, así como participar en campañas de difusión e fomento de diferentes produtos e servizos resultado da formación profesional

 

  • Proxecto "A nosa Camelia tan curiosa como sabrosa", Investigación dos usos culinarios e turísticos das partes, dos atractivos e dos valores da camelia, adaptándoa aos novos tipos de elaboracións na cociña, en bebidas frías e quentes, e na panadaría, na pastelaría e na confeitaría, a creación de innovadores produtos turísticos que permitan achegar este recurso turístico galego tan fascinante aos turistas de todo o mundo, dun xeito orixinal e didáctico

 

Ademáis dos proxectos anteriores, o CIFP Carlos Oroza está a traballar en:

#faceraprendendo

 


 



page | by Dr. Radut