Skip to Content

logo_Carlos_Oroza

logo_xeral

logo xunta

n/d
n/d

Aula restaurante Álvaro Cunqueiro

O Restaurante "Álvaro Cunqueiro" é un aula-taller de formación donde o alumnado dos ciclos de hostalería pon en práctica o aprendido. Cociña e sala, dous eixes formativos e de prácticas. O alumnado é guiado polo profesorado, e vostedes poderán degustar as elaboracións realizadas polo alumnado e disfrutar dun servizo coidado e esmerado, tendo en conta os obxectivos formativos a adquirir, tanto na oferta como os días de servizo varían e axústanse as necesidades e ao calendario e horario lectivo.

Aquelas persoas que desexen participar como comensais no servizo que realiza o alumnado dos ciclos, poderán realizar reserva no teléfono 886 159 545 .


Resaltar que o horario de entrada será entre ás 14:00 e as 14:30, e que non se poderá acceder pasado este tempo, xa que repercutiría no horario do alumnado e profesorado, que ten a súa saída ás 16:00h.

Aínda que sintamos que estamos nun comedor dun restaurante, realmente somos actores nunha clase na que o protagonismo é do alumnado, e onde todo ten que ver coa súa aprendizaxe. De feito, en ocasións terá a oportunidade non só de disfrutar da gastronomía que nese día coincida co currículo, senón que tamén poderá escoitar ao profesorado facendo indicacións do que é o correcto.

Participar nesta aula, convírtese pois nun deleite culinario co valor engadido de poder aprender algo sobre o servizo. Estaremos encantados de recibirlle.

Mil Cunqueiros máis

 

 

 

 




page | by Dr. Radut