Novo ciclo de FP DUAL: Ciclo Medio de Comercialización de Produtos Alimentarios
NOVO CICLO DE FP DUAL: CICLO MEDIO DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTARIOS
Ponse en en marcha para o vindeiro curso 2019/2020, xunto ao IES Luis Seoane, unha nova modalidade de FP na que o alumnado poderá compaxinar a formación entre as empresas colaboradoras e o propio centro.
O obxectivo do ciclo é formar profesionais para desempeñar postos cunha especial cualificación en empresas do sector de distribución de alimentación.
Durante o período de prácticas (de marzo a setembro) o alumnado percibirá unha remuneración e este tempo será cotizado para a Seguridade Social. Ademais poderá beneficiarse dunhas axudas por desprazamento.
O prazo para presenta-las solicitudes comezará o día 24 de xuño e rematará ás 13:00h do día 2 de xullo.
Mais información sobre o ciclo: PDF informativo
Información sobre solicitudes http://www.edu.xunta.es/fp/fpdual-convocatoria-2019
Calendario de admisión http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8195