SOLICITANTES DO PROXECTO DE FP DUAL DO CS XESTIÓN DE ALOXAMENTOS TURÍSTICOS NO PERIODO EXTRAORDINARIO

PROXECTO DE FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL DO CICLO SUPERIOR DE XESTIÓN DE ALOXAMENTOS TURÍSTICOS

 

LISTAXE DE DE PERSOAS SOLICITANTES NO PERÍODO EXTRAORDINARIO

 


DNI/NIE


APELIDOS E NOME


34279914R


REAL CABALLERO, CRISTINA


77403478Z


MAGARIÑOS CANDAL, CARLOS


53612774G


LOVEIRA COYA, LUIS MIGUEL


44841050C


ENRIQUEZ GORIS, ROCIO BELEN


53118385T


COYA SANTOME, DAVID


77408357V


DURÁN ABOAL, ANDREA

 

Pontevedra, 1 de SETEMBRO de 2015        

 

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes para os proxectos de formación profesional Dual do ciclo formativo de Xestión de Aloxamentos Turísticos

Unha vez analizadas as solicitudes para o proxecto de formación profesional dual do ciclo formativo de Xestión de Aloxamentos Turísticos convocado pola orde do 3 de xuño de 2015, e quedando prazas libres, ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes: do 14 ao 31 de xullo de 2015, ás 13 horas.

O día 1 de setembro o centro fará pública a relación provisional de persoas solicitantes.

Os días 2 e 3 de setembro poderase realizar reclamación á listaxe provisional de persoas solicitantes e o día 4 publicarase a listaxe definitiva.

A entidade colaboradora ou a empresa procederá a realizar a selección dos solicitantes a partir do día 2 e ata o día 9 de setembro.

O día 10 de setembro o centro fará pública a relación de persoas admitidas e en espera.

Aquelas persoas que non figurasen la listaxe provisonal e sexan incluídas na listaxe definitiva, incorporaranse a o proceso de selección por parte da empresa.

Ata o día 14 de setembro as persoas seleccionadas realizarán a matrícula no ciclo correspondente.

Para calquera consulta ou información adicional, contacten co centro no 986 847 002

Concurso Idea & Emprende 2015

O pasado 26 de xuño entregáronse no CIFP A Xunqueira os premios do concurso Idea & Emprende, do que o noso centro foi colaborador xunto co IES Luis Seoane.

O resultado deste concurso foi o seguinte:

  • 1º Premio: Proxecto HADIAH, desenvolvido por alumnos do IES Luis Seoane de Pontevedra, cunha dotación de 800 euros.
  • 2º Premio: Ostrería Duarte.0. da ex-alumna do CIFP Carlos Oroza, Amaya Duarte Álvarez, dotado con 400 euros.

Noraboa aos premiados e a tódolos participantes.

O agradecemento especial ás profesoras do departamento de FOL do CIFP Carlos Oroza, Teresa Barreiro e María Pereiro, pola súa adicación e colaboración no desenvolvemento deste concurso.

Distribuir contido