Convocatoria reunión grupal para os participantes admitidos no proceso de acreditación de competencias

 

Convócase a todos os candidatos admitidos no proceso de acreditación de competencias de:

 

XESTIÓN DE ALOXAMENTOS TURÍSTICOS

 COCIÑA E GASTRONOMÍA

 PANADERÍA, REPOSTARÍA E CONFEITARÍA

 

á REUNIÓN GRUPAL  que se celebrará no:

 

CIFP CARLOS OROZA  en PONTEVEDRA

 

O día 27 de Abril de 2016 ás 16:00 horas en primeira convocatoria e 16.30 h en segunda convocatoria.

 

Na mesma, realizarase unha sesión informativa como se prevé  no artigo 13, punto 2  da ORDE do 23 de decembro de 2015 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adqueridas a través da experiencia laboral na Comunidade Autónoma de Galicia en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais de distintas familias profesionais.

 

En Pontevedra, a 18 de Abril de 2016

 Asinado : Daniel Pulzoni Cupeiro

Xefe do departamento de acreditación de competencias

Acreditación de competencias. Listaxes definitivas de admitidos e excluídos

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2016.

36020064 - CIFP Carlos Oroza

Listaxe definitiva de admitidos e excluídos

Listaxe definitiva de persoas excluídas por non ter emendado a documentación

Contra as listaxes definitivas publicadas vostede pode presentar recurso de alzadaperante o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria segundo o establecido nos Artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pode empregar a aplicación para xerar o escrito de recurso no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>>, e presentalo nun rexistro da Comunidade Autónoma.

Acreditación de competencias. Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas. Convocatoria 2016

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter presentado a documentación de emenda no prazo establecido para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2016.

Prazo para realizar reclamaciónsdo 15 ao 19 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.