FP BÁSICA

Información sobre a oferta de FP Básica no noso centro:

O ciclo ofertado é o de CFPB Cociña e Restauración

Número de prazas ofertadas: 20

Prazos de presentación de solicitudes: desde o 1 ata o 10 de setembro ás 13 horas.

As solicitudes de admisión presentaranse no noso centro.

O 12 de setembro farase pública a listaxe de alumnado admitido e non admitido no ciclo formativo.

Normativa que regula estas ensinanzas:

  • Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150722/AnuncioG0164-150715-0001_gl.html

 

    • Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de formación profesional inicial.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110715/AnuncioC3F1-120711-4341_gl.html

 

    • Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das  ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140915/AnuncioG0164-110914-0003_gl.html

 

    • Instrucións da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre o desenvolvemento dos ciclos de formación profesional básica no curso 2015-2016.

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/6459

 

 

 

Proceso de admisión a ciclos formativos de formación profesional. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2016/2017

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade distancia.

prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o venres 8 de xullo ata ás 13:00 horas do martes 12 de xullo de 2016.

A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a instancia.

Ampliación prazo solicitudes para FP Dual

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes para os proxectos de formación profesional dual de ciclos formativos convocados pola orde do 6 de xuño de 2016, que tras a finalización do período establecido nesta orde, do 17 ao 28 de xuño, aínda dispoñen de prazas vacantes.

A persoa interesada en matricularse nalgún destes ciclos formativos presentará unha única solicitude no centro onde se oferte o ciclo. As peticións atenderanse por orde de chegada ata o momento que non queden prazas vacantes.

Distribuir contido