Skip to Content

Homenaxe ao noso compañeiro Suso Domínguez

O profesorado de todos os centros de Galicia, da familia profesional de Hostalaría e Turismo e Industrias Alimentarias, reuníronse para rendir unha homenaxe ao compañeiro que tamén foi xefe de estudos do CIFP Carlos Oroza.

As actividades programadas para homenaxear ao profesor de Servizos e Restauración Suso Domínguez, falecido o pasado ano, comezaron coa inauguración da aula taller que leva o seu nome e cun xantar que reuniu a familiares, compañeiros, e autoridades educativas.

As actividades didácticas comezaron cun concurso de tortilla no que partiparon o alumnado de Cociña e de Dirección Cociña.Os gañadores foron Gabriel Lavía e Noelia Araújo cunha tortilla á gamba vermella. En segundo lugar quedaron Javier Ramírez e Pedro Álvarez cunha tortilla de espárragos.O xurado, valorou o aspecto visual, a textura da pataca, o callado, e a orixinalidade do ingrediente complementario. Ao longo da segunda xornada houbo numerosas ponencias relacionadas coas familias profesionais do centro, así como outras coas asociacións de enfermidades de tipo neuromuscular e enfermidades raras.

Accede ás novas:

La Voz de Galicia

Televisión de Galicia (Minutos 38-45)

 

Os máis cativos aprenden a cociñar

O venres 22 de febreiro tivemos uns invitados de altura. O alumnado do colexio Sagrado Corazón de Placeres compartiu unha mañá co alumnado dos ciclos superiores de Guía, información e asistencia turística, Dirección de servizos en restauración e ciclos medios de Cociña.

Todos os grupos prepararon obradoiros nos que participaron de forma conxunta grandes e pequenos. Nesta ocasión, o alumnado foi o profesorado, nunha xornada de sorrisos e barullo de fondo, onde todos aprendemos do importante que é alimentarnos axeitadamente, intercambiar experiencias nas aulas, e o máis importante de todo: que se pode aprender dunha maneira lúdica.

Pica na imaxe para acceder ao video e aquí, para acceder a nova do xornal La voz de Pontevedra.

Convocatoria prazas informador turístico na Deputación de Pontevedra

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do día 20 de febreiro  convocáronse 34 prazas para informadores turísticos nas oficinas de turismo da provincia.

Como requisito fundamental está ter o título de Técnico Superior en Guía, información e asistencia turísticas, ou en Información e Comercialización Turísticas.

Hai dez días hábiles para presentar as solicitudes. Podedes consultar toda a convocatoria no seguinte enlace: Aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut