Skip to Content

Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes. Convocatoria 2015

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2015.

A información está no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/fp/solicitantes-acreditacion-2015 

Para calquera información adicional, contactade co  xefe de departamento de Acreditación e Probas do centro, Daniel Pulzoni, no 986 847 002.

Conta atrás para o II Certame de Sumillería Suso Domínguez

Xa está todo listo para a segunda edición do Campionato de Sumillería Suso Domínguez, na que o alumnado de  centros de Galicia e norte de Portugal, medirán o seu olfato e destrezas organolépticas, ademais doutros coñecementos vitivinícolas a través de catro probas, entre elas un cuestionario específico sobre a D.O. Ribeiro, e a identificación de cheiros “nez du vin”, en caldos, licores e augardentes.

Os gañadores terán a oportunidade de recibir bolsas de formación para realizar o Curso de Especialización en Barman Profesional impartido polo Instituto Galego do Viño e estadías de prácticas en hoteis de prestixio da cadea Eurostars Hotusa.

 O evento conta co patrocinio da CRDO Ribeiro, o Instituto Galego do Viño, a cadea hostaleira Eurostars Hotusa Hotels, Turismo Rías Baixas e a Deputación de Pontevedra.

O certame comeza o día 25 cunha exhibición gastronómica  a cargo de Pepe Solla , Iñaki Betral e Diego López na xornada de mañán. Pola tarde haberá o obradoiro-conferencia " Como facer visitas de calidade nas adegas" impartido por Isabel Fernández, de Ambientarte e Elvira Lezcano, docente no “Máster en Dirección e Planificación do Turismo”.

Na xornada do 26 haberá diversas actividades relacionadas co mundo da enoloxía e o enoturismo, o concurso de cociña en miniatura con produtos galegos a base de queixo, castañas e mel, e o concurso de sumillería no que compiten rapaces de toda Galicia, e escolas de Portugal. Como culmen destas xornadas, Diego Mosquera realizará un espectáculo fusionando a coctelería clásica  coas novas tendencias de mixoloxía.

Todas as actividades celébranse no auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe e están abertas ao público en xeral, previa reserva chamando ao teléfono do centro 986847002.

1ª Campionato Suso Domínguez

Certame 2014-2015

REDE GALEGA DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE HOSTALARÍA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut