CIFP Carlos Oroza

Premio ao desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica

O CIFP Carlos Oroza vén de recibir 2 premios poloo desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional.

- Investigación e desenvolvemento de novos usos culinarios da lapa, cun orzamento de 18.000,00 €, e coa participación da confraría San Xosé.

- Obtención e caracterización de fibras vexetais para ser utilizadas como ingrediente alimentario, cun orzamento de 24.975,00 €, coa colaboración do IES Montecelo e a empresa Porto-Muíños S.L.

Parabéns ao profesorado e alumnado implicado.

Concurso Letras Galegas 2015 : Anímate a ser xornalista e presenta a túa entrevista

O concurso convocado co gallo da celebración do día das letras galegas coa fin de estimular a oralidade na lingua propia, terá dos premios:

- 1º: Noite de hotel en réxime de aloxamento, pequeno almorzo, e servizo SPA.

- 2º: Xantar para dúas persoas na aula-restaurante Álvaro Cunqueiro.

Os premios non quedarán desertos. A decisión do xurado será inapelable.

Acreditación de competencias. Listaxes provisionais de admitidos e excluídos

 

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter presentado a documentación de emenda no prazo establecido para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2015.

Prazo para realizar reclamacións: do 20 ao 24 de marzo de 2015, ámbolos dous incluídos.

Toda a información se atopa no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/fp/provisionais-admitidos-excluidos-acreditacion-2015

Para calquera información adicional o consulta de dúbidas, contacten co xefe de departamento de Acreditación e Probas do centro no teléfono: 986 847 002

Distribuir contido