Neste módulo os alumnos aprenderán a aplicar os conceptos adquiridos o ano pasado respecto á realización de televisión e adquirirán as competencias para realizar pezas e vtrs para programas en plató. Tamén aprenderán a traballar en multicámara, tanto en estudio como en retransmisións, pasando por todos os postos de traballo dentro deste equipo (grafista, vtr, axudante, realizador, rexidor...).