II Concurso de fotografía matemática

BASES
¿Quen se pode presentar?
- Modalidade A (concurso-exposición): Todos os alumnos de ESO, Bacharelato e Ciclos
formativos do IES As Mercedes así como os alumnos dos centros adscritos; CPI As
Mercedes e CPI do Corgo.
- Modalidade B (exposición): Calquera membro da comunidade escolar do IES.
¿Que hai que facer?
- Fotografías que mostren exemplos da presencia das matemáticas no noso entorno.
¿Como se presentan as fotos?
- As fotografías presentaranse en formato dixital JPEG.
- Remitiranse mediante correo electrónico á dirección ies.asmercedes@edu.xunta.es
indicando no asunto: concurso fotográfico. No correo incluirase o nome e apelidos do
autor, e no caso dos alumnos o centro e curso no que está matriculado. Tamén se
incluirá o título da fotografía que debe facer referencia a algún contido matemático.
Data límite de presentación: 30 de abril de 2010
PREMIOS
- A convocatoria conta con dous premios:
1º premio.- Unha cámara dixital ou o valor equivalente en material fotográfico.
2º premio.- Unha cámara dixital ou o valor equivalente en material fotográfico.
¿Que vai ter en conta o xurado?
- A orixinalidade e creatividade das fotografías.
- No caso de que o xurado considere que as fotografías presentadas non teñen un mínimo
de calidade, e unha relación evidente coas matemáticas, o premio do concurso poderá
quedar deserto.
- O fallo farase público o día 10 de maio de 2010.
- O xurado estará composto por un profesor do departamento de matemáticas, outro do
de debuxo e por un membro do equipo directivo.
Organiza: Departamentos de Matemáticas e Debuxo.

As Fotos do Iº Concurso 

AdxuntoTamaño
Bases do concurso.pdf155.96 KB