Visita a ESTRELLA GALICIA e GADISA (2013)

 

18 de febreiro: alumnos e alumnas do C.S de Xestión comercial e marketing  visitaron as instalacións das empresas GADISA e  ESTRELLA GALICIA, en Betanzos e  na Coruña, respectivamente.
Os obxectivos desta visita foron, no caso de GADISA, coñecer a empresa,  a rede loxística e os distintos departamentos ademais do  funcionamento do almacén, mentres que no caso de ESTRELLA GALICIA tratábase de  coñecer a súa historia, as instalacións e o almacenamento tanto das materias primas como do produto terminado, así como a súa distribución,  a nivel nacional e  internacional.
O alumnado estivo acompañado polos profesores José Manuel Castro Martínez, Dolores Pérez Mouriño e Carmen Vázquez Castro.

Visita GADISA  

 

 Visita ESTRELLA GALICIA