Convocado o III Concurso de fotografía matemática

BASES
¿Quen se pode presentar?
- Modalidade A (concurso-exposición): Pode participar todo o alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos formativos do IES As Mercedes así como todos os alumnos e alumnas dos centros adscritos; CPI As Mercedes, CPI do Corgo e doutros CPIs de Lugo.
- Modalidade B (exposición): Calquera membro da comunidade escolar do IES As Mercedes.
¿Que hai que facer?
- Fotografías que mostren exemplos da presenza das matemáticas no noso contorno.
¿Como se presentan as fotos?
- As fotografías presentaranse en formato dixital JPEG.
- Remitiranse mediante correo electrónico á dirección ies.asmercedes@edu.xunta.es indicando no asunto: concurso fotográfico. No correo incluirase o nome e apelidos do autor, e no caso do alumnado o centro e curso no que está matriculado. Tamén se incluirá o título da fotografía que debe facer referencia a algún contido matemático.
- Os autores das fotografías autorizarán a reprodución das fotos presentadas nas publicacións e páxinas web do IES As Mercedes.
Data límite de presentación: 10 de maio de 2011
PREMIOS
- A convocatoria conta con dous premios:
1º premio.- Unha cámara dixital ou o valor equivalente en material fotográfico.
2º premio.- Unha cámara dixital ou o valor equivalente en material fotográfico.
¿Que vai ter en conta o xurado?
- A orixinalidade e creatividade das fotografías.
- No caso de que o xurado considere que as fotografías presentadas non teñen un mínimo de calidade, nin unha relación evidente coas matemáticas, o premio do concurso poderá quedar deserto.
- A entrega de premios terá lugar durante a celebración das actividades que organice o centro coa conmemoración do Día das Letras Galegas..
- O xurado estará composto por un profesor do departamento de matemáticas, outro do departamento de debuxo e un membro do equipo directivo.
Organiza: Departamentos de Matemáticas e Debuxo

Descarga as bases en PDF aquí

Para máis información visitade as páxinas de debuxo ou matemáticas

Convocado o III Concurso de fotografía matemática