O INSTITUTO RECIBE TRES PREMIOS NO CONSURSO FPIDEA

No día do emprendedor celebrado o 16 de xuño no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, baixo a tutela do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) dependente da Consellería de Economía e Industria en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o I.E.S. AS MERCEDES obtivo 3 dos 6 premios concedidos na modalidade B do certame FP IDEA.