Presentación

Os CFR (Centros de Formación e Recursos) son institucións dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia encargados de formación permanente do profesorado nos niveis non universitarios. Entre as súas funcións tamén se atopan promover a innovación educativa, impulsar a investigación, difundir experiencias didácticas relevantes entre o profesorado e fomentar o uso das TIC no entorno educativo, así como colaborar con outras institucións en accións relativas á formación permanente e á innovación educativa.

 

O CFR de Pontevedra ten como obxectivo e vocación o desenvolvemento de actividades de formación que impliquen unha mellora da calidade educativa nos centros do seu ámbito territorial, potenciando actividades tales coma cursos, proxectos de formación en centros, grupos de traballo, seminarios permanentes e proxectos de formación para profesorado de formación profesional, así coma outras actuacións encamiñadas á difusión de experiencia e ao asesoramento docente.

 

Na mellora continua da eficiencia do servizo que prestamos pretendemos facilitar ao profesorado, a través desta web: a realización de actividades formativas, a difusión de materiais didácticos e curriculares de calidade e que sirva de punto de encontro entre os docentes do noso ámbito formativo.