Orientación

Día Internacional das persoas con discapacidade (3/12/20)

Conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade  co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das personas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en tódolos aspectos da vida.

Para ese propósito propoñemos dous vídeos para velos e comentalos co noso alumnado. Son: Cuerdas, curtametraxe de 10 minutos de duración, de Pedro Solís García. Foi o gañador do Goya® 2014 na categoría de "Mellor curtametraxe de animación española".

O segundo vídeo, de 4 minutos de duración, titúlase "O regalo", e o seu protagonista é un canciño moi xoguetón.

E no caso de coñecer xa estes vídeos, temos máis posibilidades na CARTELEIRA INCLUSIVA que nos propón o blog Averroes da Junta de Andalucía.

Programa ARCO

No curso 2020-2021 participamos no programa ARCO (Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación), dirixido ao alumnado de 4º, 5º e  6º de primaria, co obxecto de favorecer a participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional, e financiado polo Fondo Social Europeo (FSE).

Grazas a esta iniciativa temos á nosa disposición unha profesora de apoio, con horario a media xornada, que ofrece atención ao alumnado seleccionado para o programa, ata un total de 15 alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de primaria, en horario lectivo e dentro das aulas ordinarias.

Máis información sobre o programa.

Benestar emocional

Os seres humanos, e en xeral o reino animal, somos esencialmente emocións (alegría, tristeza, medo e rabia son as máis básicas). O ser humano desenvolveu evolutivamente outra capa: a razón, os pensamentos, que obteñen a súa enerxía e se sustentan sobre esas emocións. De aí a importancia de aprender a educalas para conseguir unha mente ordenada que nos conduza ao benestar e a unha vida feliz.

Para traballar a educación emocional é moi coñecido o modelo do GROP (Grup de Recerca en Orientació Psicopedagógica) da Universitat de Barcelona, baseado en cinco dimensións:

1. Conciencia emocional: capacidade para tomar conciencia das propias emocións e das emocións dos demais.

2. Regulación emocional: capacidade para manexar as emociónss de forma axeitada.

3. Autonomía emocional: capacidade de sentir, pensar e tomar decisións por un mesmo.

4. Competencia social: capacidade para manter relacións axeitadas con outras persoas.

5. Competencias para a vida e o benestar: capacidade de adoptar comportamentos apropiados e responsables para afrontar satisfactoriamente os desafíos diarios.

A seguir engadimos algúns recursos básicos para afrontar a educación emocional no nivel de educación primaria:

Web do goberno de Aragon, http://carei.es/recursos-de-inteligencia-emocional/, que recompila unha lista de recursos audiovisuais (curtametraxes, películas...) así como outros enlaces, como por exemplo a Guía didáctica para la educación socioemocional elaborada pola Junta de Andalucía.

Enlace ao programa completo de intelixencia emocional da Diputación Foral de Gipuzkoa, dirixido á etapa de educación primaria e organizado en tres niveis: 6 a 8 anos, 8 a 10 anos e 10 a 12 anos, con libros de contidos e fichas de actividades. No blog Aula de Elena, tatopamos un resumo moi completo deste programa.

Programa de Educación Emocional de María Dolores Hurtado Montesinos, editado por Región de Murcia, 2015, dirixido a distintos niveis educativos, con moitas actividades, do que temos un resumo no blog Aula de Elena, e que tamén podemos descargar neste enlace.

Programa Escolar de Desarrollo Emocional (PEDE) elaborado pola Consejería de Educación do Principado de Asturias. Inclúe guía, caderno para traballar na aula, caderno para casa e  actividades para pais e nais. Dirixido a alumnado de 8 a 12 anos.

 

Outro programa específico para 1º e 2º cursos de primaria, con amplo repertorio de actividades é o de Barreda Marín, M. (2016). Programa de Educación Emocional para primer ciclo de primaria. Projecte Final del Postgrau en Educació Emocional i Benestar.Barcelona: Universitat de Barcelona. Dipòsit Digital:http://hdl.handle.net/2445/107401

Club Peques Lectores, Selección de 10 libros infantís para a educación emocional.

Hai infinidade de recursos audiovisuais (videocontos, curtas, etc.,) que se poden seleccionar directamente na web (youtube...).

Finalizamos cunha contribución a nivel teórico, Educación emocional y competencias básicas para la vida, artigo de Rafael Bisquerra, en Revista de Investigación Educativa, 2003, Vol. 21, n.º 1, págs. 7-43.

Recursos didácticos sobre o COVID-19

Achegamos dúas presentacións multimedia para axudar a explicar aos nenos todo o relativo ao coronavirus.

Manual de coronavirus para nenos/as, (formato odp) elaborado por Ángeles Ruíz Vázquez, farmacéutica comunitaria, dirixido especialmente aos cursos de infantil e primaria.

Manual de coronavirus para nenos/as (formato pdf)

Coronavirus para familias, (formato odp) presentación con información xeral para todos os públicos.

Coronavirus para familias (formato pdf)

Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2020-2021

O Ministerio de Educación convoca Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade,  trastorno grave da conduta, trastorno do espectro autista ou altas capacidades.

 O prazo para solicitar a bolsa remata o día 30 de setembro (mércores).

Podemos obter información sobre a convocatoria no seguinte enlace:

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

e tamén dun modo máis detallado no novo Portal de Bolsas de Educación:

Que documentación necesitamos? 

Pasos a seguir para solicitar a bolsa

A solicitude hai que cubrila na sede electrónica do Ministerio de Educación: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1399

Pasamos á segunda ronda do concurso de matemáticas Pangea

Temos que daros a noraboa a todos/as os que participastes na primeira ronda do concurso nacional de matemáticas Pangea,  e en especial aos 5 alumnos/as que pasan á segunda ronda, e que son:

De 4º curso: Pablo Roibás

De 5º curso: Breixo Vidal, Carlota Díaz e Xoel Sequeiros

De 6º curso: Óscar De la Torre

A segunda ronda celébrase a semana que vén, do 8 de xuño ata o 12 de xuño en horario de 9:00 da maña ata as 18:00 da tarde.
Os participantes utilizan o mesmo usuario e contrasinal da primeira ronda.

Este é o enlace dos alumnos/as para facer a proba con ordenador : https://pangeaconcurso.conductexam.in/login

Participamos no concurso Pangea de Matemáticas

A pesares dos contratempos por culpa do coronavirus temos a oportunidade de participar no concurso Pangea de Matemáticas.

O prazo será a semana que vén, do 25 ao 29 de maio, en horario de 9:00 da mañá ata as 18:00 horas.

Participa o alumnado de 4º, 5º e 6º cursos que se apuntou previamente. O voso profesor/a enviaravos o nome de usuario e contrasinal para acceder á web, desde onde completaredes a proba, que terá unha duración de 45 minutos, durante os cales deberedes contestar a 20 preguntas.

Este é o enlace dos alumnos/as para facer a proba con ordenador : https://pangeaconcurso.conductexam.in/login

Máis información na web de Pangea, onde poderás ver tamén as probas do ano pasado.

Un puñado de botóns para conmemorar á familia

Ola amigas e amigos!

Dende o CEP Sequelo seguimos a celebrar dende a diversidade. Este venres, 15 de maio é o día da familia.

A continuación desexamos que disfrutedes co conto "Un puñado de botóns", un vídeo que ilustra a cantidade de familias diferentes que existen, cal é a túa?. 

Este material foi realizado en colaboración co Departamento de Orientación do CEIP Plurilingüe Montemogos.

Desexamos que vos guste!

 

Fotos do 2 de abril Día Mundial do Autismo

Aqui tendes as primeiras fotos que recibimos co gallo da conmemoración do Día Mundial do Autismo. Animádevos a facer o voso!

Creamos pictogramas (Ed Física)

Bos días chicos e chicas,

 

Hoxe traio unha actividade un pouco especial, estamos no #diaMundialdoAUTISMO, e vamos traballar empregando pictos, sabedes o que son os pictogramas?

 

Seguindo o dicionario da RAE (Real Academia Española), un pictograma é “un signo de la escritura de figuras o símbolos”.

 

Con esta definición vou achegarvos os Sistemas Aumentativos e Alternativos da Comunicación (SAAC), que son formas de expresión distintas a linguaxe falada, que teñen como obxectivo aumentar (aumentativos) e ou compensar (alternativos) as dificultades de comunicación e linguaxe de moitas persoas con discapacidade. A comunicación e a linguaxe son esenciais para todo o ser humano, para relacionarse cos demais, para aprender, para gozar e para participar na sociedade. Os SAAC, están relacionados a persoas con discapacidade intelecutal, parálise cerebral (PC), trastornos de espectro autista (TEA), párkinson, entre outras moitas, pero despois desta actividade veredes que están moi integrados na nosa vida diaria e que son moi útiles para comunicarnos.

 

Para a actividade de hoxe eu vou poñervos unha batería de pictogramas, e vamos transformalos en fotografías, fixen unha de exemplo, pero espero poñervos máis, teredes que escoller un picto, facer a foto imitando o que nel se representa e enviarma ao meu correo.

 

 

 Empezamos a crear os nosos pictos!!

 

 

Música dende a casa (11): Hai unha liña (Seso Durán)

Seso Durán profesor de Secundaria, músico, historiador, compositor, vídeo creador e productor marinense (CANTODAREA), que dende os 90 (como integrante do grupo de música folk Liorna, entre outros) publica a súa obra, centrada nos últimos anos en contido relacionado coa didáctica musical.

Comprometido coa innovación, é invitado regularmente a compartir os seus proxectos e experiencias nos foros educativos máis destacados (Culturgal, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade Autónoma de Madrid, etc). Conseguiu numerosos recoñecementos a nivel galego e estatal.

Pero o que é moito máis importante que todo o anterior, Seso é o orgulloso pai de Manuel, un neno autista de 11 anos, para o que compuxo "Hai unha liña"

2 de abril Día Mundial do Autismo

Ola, ola! Como ides queridas alumnas e alumnos?

Hoxe celebramos o Día Mundial do Autismo que ten como obxectivo visibilizar a realidade das persoas con Trastorno do Espectro Autista, as súas capacidades, prioridades e necesidades.

.

 Propoñémosvos que realicedes un muíño de vento azul no que debe aparecer o voso nome. Logo sacádelle fotiño e mandadeo a sequelonacasa@gmail.com.

Que saibades que a profe Tamara de Educación Física que é moi madrugadora e sempre ten boas ideas xa fixo o seu.

Día do autismo (3º)

Bos días!

Hoxe, 2 de abril celébrase o Día do Autismo. Por iso, estaría ben conmemorar este día facéndonos unha foto coa nosa familia representando o símbolo do infinito utilizando o voso corpo, obxectos de casa, etc. Ou ben podedes facer un cartel e decoralo ao voso xeito. Deixo un exemplo!

Ánimádesvos?

Una dinámica nueva para el autismo - Día Mundial del Autismo 2020

 

 Déixovos tamén uns enlaces dunhas curtas e duns videocontos para que entendades que é o autismo e vos  axude a entender o mundo interior tan rico que teñen as persoas con autismo. A por eles!

El viaje de María.  

https://youtu.be/qxLeb5y6p7s

Academia de especialistas.  

https://youtu.be/fCoBk1tWYEg

Por cuatro esquinitas de nada.  

https://youtu.be/DBjka_zQBdQ

El cazo de Lorenzo.    

https://youtu.be/5pUmAOTQqCg

21 de marzo "Día Mundial da Síndrome de Down" (4)

Grazas pola vosa participación! Siguen chegando mais calcetíns desparellados!

 

 

 

21 de marzo "Día Mundial da Síndrome de Down" (3)

Estas fotografías que vos mostramos son de Roberto Armada e son moi especiais, pois a de seu pai ven directamente da base española en Afganistán.

 

 

 

21 de marzo "Día Mundial da Síndrome de Down" (2)

Xa nos chegan as primeiras fotiños:

Neste caso, foron os profes os que se animaron: José Antonio, Aarón, Vanesa, Silvia e Loli.

 

Aquí vai a da profe Merchi

 

21 de marzo "Día Mundial da Síndrome de Down"

Hoxe 21 de marzo conmemoramos o Día Mundial da Síndrome de Down, e dende o CEP Sequelo, queremos sumarnos á iniciativa internacional dos calcetíns desparellos https://downgalicia.org/2020/03/18/calcetins-desparellos-para-conmemorar-o-dia-mundial-da-sindrome-de-down/.

Esta campaña busca concienciar e apostar pola importancia da inclusión e diversidade. Queremos enche a nosa web de calcetíns de tódalas cores e estampados. Envíanos a túa foto á dirección de correo sequelonacasa@gmail.com.

A profe Tamara de Educación Física foi a primeira en animarse...

 

Consellos para organizar a vida diaria na casa durante a cuarentena

Para levar mellor estes días que estamos recluídos na casa, propoñémosvos uns consellos básicos recomendados polos psicólogos/as:

  1. Respectar os horarios e hábitos principais, coidando especialmente:

    . Horarios de espertar, durmir e comidas.

    . Un tempo diario de traballo escolar.

    . Actividade física.

    . Axuda doméstica.

    . Períodos de descanso.

  2. Contar cos fillos/as na planificación do día : Elaborar axenda contando coa opinión e aprobación dos nenos/as.

  3. Non esquecer a actividade física: Podemos propoñer exercicios xuntos.

  4. Coidar a nutrición: Respectar horarios e calidade das comidas.

  5. Respectar as clases ou ensinanza online: É importante que os nenos/as sigan as pautas dos profesores/as do seu centro educativo e que fagan os deberes asignados.

  6. Deixar tempo para que xoguen: Despois do estudo e os deberes, é bo que os nenos/as se distraian vendo a televisión, coa consola ou xogando cos seus xoguetes. Na medida do posible aproveitamos para compartir con eles este tempo de ocio.

  7. Permitir tempos de inactividade, descanso: tumbarse na cama (durmir sesta), relaxarse...

Exemplo de axenda diaria (flexible, para adaptar ás necesidades particulares):

9:00 - 10:00 Espertamos, almorzo, aseo, tarefas domésticas básicas (facer a cama,...)

 10:00 -13:00 Traballo da escola, con media hora de descanso (11:30 a 12:00)

 13:00 - 14:00 Descanso, axudar na cociña e na limpeza e orde da casa, ...

 14:00 - 15:00 Xantar, recoller...

 15:00 - 16:00 Descanso, TV, xogo libre (tablets, consolas...)

 16:00 - 20:00 Actividades lúdicas: exercicio físico (baile, xogos de movemento corporal, exercicios de ximnasia, pilates, taekwondo...), lectura, música, debuxar, pintar, xogos mesa (parchís, cartas, xadrez, puzzles, construcións...), con tempo para a merenda (18:00 a 18:30).

20:00 - 21:30 Cea, recoller...

 22:00 Hora de durmir

Suxestións para actividades lúdicas:

 Diario Las Provincias

 OK diario

 Sitly, 15 ideas para xogar na casa con nenos/as.

Para os que teñades fillos na etapa de educación infantil, Guía completa de actividades e consellos escolares para nenos/as de Educación Infantil, publicado no xornal Faro de Vigo (20/03/2020)

Consellos para manter a calma:

Consellos para non agobiarse coa coarentena: Diario El País, 28 marzo 2020.

Durmir media hora menos e outros consellos para descansar mellor durante o confinamento Diario El País, 2 abril 2020.

O alumnado de 6º curso visita o IES Illa de Tambo

Hoxe os dous cursos de 6º visitamos o IES Illa de Tambo. Antonio, o seu director, presentounos a biblioteca, o salón de actos, as aulas de 1º e 2º de ESO onde atopamos a compañeiros/as coñecidos, a aula de música, o pavillón e o ximnasio, e tamén os laboratorios de física e de bioloxía. Gustounos a visita!

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.