Campionato escolar zonal de campo a través

O pasado xoves 5 de outubro celebrouse este campionato no campo de fútbol de San Pedro. No noso centro obtivemos varias medallas e diplomas. Noraboa a todos e todas!

Enfermidades raras: visibilización e apoio ás persoas que as sofren

 A alameda Rosalía de Castro acollerá mañá venres día 6, pola tarde, unha xornada especial adicada á visibilización das enfermidades raras

A partir das 16:30 horas comezará este evento cun taller de manualidades, pintacaras, globoflexia e photocall.

Ás 18:30 horas iniciaranse unhas charlas informativas con Patricia Fuentes (emocións), Tatiana Massó (osteopatía), Rosí Neira Dopazo (Logopedia e terapias) e Ángela Naveira pechará co tema de nutrición.

Ás 20:30 horas Bruno Hermida e Fabi Torres ofrecerán unha masterclass de zumba.

Animavos a tódalas familias a participar neste evento!

Ponte a Conducir

Achegamos a información aportada dende o Concello de Marín: 

 Ponte a Conducir  terá lugar o día 7 de outubro no parque Eguren en Marín ás 10:00 horas, para que o teñan así para a difusión da actividade que considere oportuna.

 

O lema deste ano é o “Transporte seguro, curso feliz”, a oitava edición, da actividade de formación viaria para nenos que organizamos en colaboración con todos os socios da plataforma.

O obradoiro celebrarase na seguinte data:

·         Marín: sábado 7 de outubro de 2023, ás 10.00 horas no circuíto de Educación Vial que se montará no Parque Eguren – Marín.

HORARIO: Todas as actividades comezan ás 10.00 horas. Prégase máxima puntualidade para facilitar os labores organizativos.

A inscrición pode facerse tanto presencialmente, na sede da FANPA, como a través do correo electrónico ponteaconducir@gmail.com, achegando os seguintes datos:

·         Nome e apelidos do/a participante

·         Curso escolar

·         Centro educativo ao que pertence

·         ANPA (se é socio)

·         Nome do pai, nai ou titor/a responsable

·         Teléfono de contacto

·         Firmar o documento de toma de imaxes (pode descargarse da páxina da FANPA)

 

Tamén poderanse escribir presencialmente o día da actividade, sempre que haxa prazas dispoñibles.

TEMPOS E OBSERVACIÓNS: Os tempos a permanecer en cada aula/obradoiro, serán de aproximadamente 30 minutos. Dado que para o circuíto, a capacidade ideal é de 15 nenos, o resto do grupo permanecerá dentro do circuíto, atendendo as indicacións e ensinanzas da organización.

NORMAS DURANTE A ACTIVIDADE: Todos os participantes deberán estar acompañados dun adulto responsable que permanecerá na zona para as familias. Os participantes deberán seguir as normas que estableza a organización , tanto dentro do circuito como durante a actividade.

CONCURSO DE DEBUXO: Como en anos anteriores, celebraremos o concurso de debuxo sobre o lema do mesmo.

Días non lectivos

A Xefatura Territorial declara non lectivos para o CEIP Sequelo- Marín os días 13/10/23 e 20/05/24 de acordo co calendario laboral.

San Miguel-Danza de Espadas

Hoxe é San Miguel! Por iso, dende o noso cole quixemos celebralo un pouquiño. Dende o Ateneo Santa Cecilia algúns cursos recibimos unha pequena charla para así manter e coñecer un pouquiño máis esta festa do noso pobo.  Algúns compañeiros e compañeiras tamén viñeron vestidos segundo a tradición.

Ademais, os de 4º xunto coa profe Belén, a profe Ruth, a teacher María e a profe Laura fixemos, de acordo coas cores propias deste día, unha decoración moi chula para o cole. Mirade que ben quedaron!

 

 

 

 

 

Conservando as Tradicións

SAN MIGUEL

Danza das Espadas

Charla do Ateneo Santa Cecilia

para a conservación do patrimonio cultural de Marín

fai click na imaxe para continuar coa información.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES- PREPARADOS/AS?

ESTIMADAS FAMILIAS:

AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES MAIS VOTADAS FORON TODAS!

COMEZAN O LUNS 2 DE OUTUBRO, DE 16:00 A 17:00 HORAS, NO PAVILLÓN DO SEQUELO.

RECORDAMOS:

LUNS: MULTIDEPORTE

MARTES: ATLETISMO

MERCORES: ACTIVIDADES AERÓBICAS CON FONDO MUSICAL

MÉRCORES: XADREZ

XOVES: DEPORTES DE RAQUETA

 

Benvida ao curso 2023/24.

Ola. O alumnado de 2º de primaria fixo este vídeo para darvos a benvida a este novo curso que comenza. O curso do 50 aniversario do CEIP Sequelo.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES MAIS VALORADAS!

A continuación deixamos o enlace para anotarse ás actividades extraescolares das mais valoradas:

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScxh3FhTzAbSQ2pNjO8uDCiCti95yoq5o0o7EOAUwKKqFHFEw/viewform?usp=sf_link

 

O prazo remata o martes 26 de setembro!

 

 

AUTORIZACIÓN RECOLLIDA ALUMNADO POR TERCEIRAS PERSOAS

ESTIMADAS FAMILIAS:

ADXUNTO OS MODELOS DE:

1- AUTORIZACIÓN PARA RECOLLER Ó ALUMNO/A Á SAÍDA DO CENTRO POR UNHA TERCEIRA PERSOA.

2- AUTORIZACIÓN PARA QUE O ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA POIDA IR SOLO PARA CASA.

DÉBESE PRESENTAR Ó TITOR/A, NA SECRETARÍA OU POR CORREO ELECTRÓNICO (ceip.sequelo.marin@edu.xunta.gal) ADXUNTANDO A FOTOCOPIA DO DNI DA PERSOA AUTORIZADA.

 

 

REUNIÓNS COAS FAMILIAS

  • EDUCACIÓN INFANTIL MESTRA LAURA: XOVES 7/O9 ÁS 11:00 HORAS.

 

  • EDUCACIÓN INFANTIL MESTRA ANDREA: MARTES 12/09 ÁS 17:00 HORAS.

 

  • 1º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA: MARTES 19/09 ÁS 17:30 HORAS.

 

  • 2º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA: MARTES 19/09 ÁS 16:00 HORAS.

 

  • 3º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA: MARTES 26/09 ÁS 17:00 HORAS.

 

  • 4º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA: MARTES 12/09 ÁS 16:00 HORAS.

 

  • 5º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA: MARTES 19/09 ÁS 17:00 HORAS.

 

  • 6º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA: MARTES 26/09 ÁS 16:00 HORAS.

 

 

 

Xa estamos de volta! Horario recollida VALES

 

HORARIO RECOLLIDA VALES DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO:

- SEMANA DO 4 AO 7 DE SETEMBRO: DE 9:15 A 10:00 HORAS E DE 12:30 A 13:45 HORAS.

- A PARTIR DO 11 DE SETEMBRO: DE 9:10 A 9:45 HORAS, DE LUNS A VENRES E OS MARTES DE 17:00 A 18:00 HORAS.

PODEN AUTORIZAR A OUTRA PERSOA, PRESENTANDO A AUTORIZACIÓN POR ESCRITO XUNTO COA COPIA DO DNI DO TITULAR DO VALE (PAI, NAI, TITOR/A LEGAL DO ALUMNO/A).

Comedor escolar e Plan Madruga

A partir de mañá 2 de agosto xa estará activa a AppColechef para a contratación do servizo de comedor.

Achegamos a carta informativa para que se poidan dar de alta ou renovar o servizo do comedor para o próximo curso 2023-24.

MOI IMPORTANTE. No caso de alerxias e/o intolerancias deberán comunicalo e enviar o informe médico ao  correo electrónico: info@arumeservicios.es, tal e como se indica na carta informativa.

Do mesmo xeito que este curso todo xestionarase a través da App Cole chef. Na carta atoparán todos os pasos que  deben seguir para poder darse de alta no servizo do comedor.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de setembro para usuarios e usuarias habituais despois desa data terían que ser contratación de esporádicos para o mes de setembro.

 Para inscribirse ao plan madruga (dende as 7:30 horas ata as 9:00 horas) deben contactar co seguinte número de teléfono: 649762614

O servizo de plan madruga e comedor iniciaranse o mesmo día que se comezan as clases, o luns 11 de setembro 2023.

Recordade que para facilitar a conciliación familiar, a ANPA oferta actividades extraescolares ( publicado en FAITE SOCIO DA ANPA AIDÓN), non esquezades escoller a que mais lle guste ao voso fillo/a.

 

 

 

 

Baile Fin de curso- Móvet+

E o ben que bailaron todos a Muiñeira!!

Moitas grazas, 

Moi bo verán!

Listaxe de material Educación Infantil- curso 2023-2024

A REUNIÓN COAS FAMILIAS SERÁ A SEMANA ANTES DO COMEZO DAS CLASES (AVISAREMOS TELEFÓNICAMENTE CON 2-3 DÍAS DE ANTELACIÓN)

Podedes ver a lista de materiais no ficheiro adxunto.

Papiroflexia con Luis Freire: A pinga

Aquí remata a serie de episodios de Papiroflexia presentada por Luis Freire de 6º, con esta elaboración dunha pinga de auga, pertencente ao traballo sobre a auga que levou a cabo a súa aula dentro da PDI "Protexo o meu planeta..."

IX Certame de Relato Curto das Fanpas de Pontevedra

2 anos de traballo na escritura creativa, que tiveron como brúxula en todo momento no eido narrativo a literatura infantil de Gianni Rodari e moi especialmente o seu libro "Juegos de Fantasía", rematamolos coa participación neste Certame, no que conseguimos que 11 dos textos chegasen a ser finalistas. Deses 11, 2 foron sinalados entre os 5 finalistas destacados.  Nesta labor de 2 anos fomos recompilando distintos textos escritos que para este certame e outros sacamos do baúl, de tal xeito que algúns deles estaban realizados o ano pasado. Parabéns a os 23 que foron quen de sacar algo valioso que contar.

Algúns dos finalistas:

O libro que se edita cos relatos axiña estará na nosa biblioteca, e coa sinatura dos autores

Certame de relato Curto "Falarei"

Entre os alumnos de 6º gustou moito a campaña "Falarei" coa icónica vaca das lentes escuras, e decidiron participar no certame de relatos curtos que se promovía, onde había que imaxinar a Galiza do futuro, onde a imaxinaron con 4 equipos de fútbol galegos en primera, nun mundo robotizado, ou nunha Galicia case apocaliptica baleira. E dende Feiraco tiveron a ben agasallalos con estes estoxos.

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.