blogue deMerchi
Concurso de "Tarxetas de Nadal 2020"
Enviado por Merchi o Dom, 13/12/2020 - 20:25Parece que empezamos onte un novo curso, e a pesar das dificultades con que nos imos atopando desde que comezou o trimestre, xa temos aquí o Nadal; e co Nadal chega o noso tradicional concurso de tarxetas de Nadal, este ano co tema "Chegamos a bo porto coa COVID", en referencia ao noso proxecto bianual, pero tamén ao desexo de que cheguemos ao final desta situación que nos obriga a cambiar o noso xeito de facer as cousas.
Ese é desexo que nos queren transmitar estas tarxetas gañadoras e finalistas do concurso deste ano. Coma sempre puxéstesllo moi difícil ao xurado.
Noraboa nenos e nenas!
Listaxe definitivo do alumnado beneficiario de máscaras
Enviado por Merchi o Ven, 11/12/2020 - 14:03Publicada a listaxe definitiva do alumnado beneficiario das máscaras. A listaxe está exposta á entrada do centro.
Todo o alumnado que tivo a axuda de material é beneficiario das máscaras. En breve enviaremos indicacións para a recollida.
Listaxe provisional do alumnado beneficiario de máscaras
Enviado por Merchi o Xov, 03/12/2020 - 14:30Publicada a listaxe provisional do alumnado beneficiario das máscaras. A listaxe está exposta á entrada do centro.
Todo o alumnado que tivo á axuda de material é beneficiario das máscaras
Concurso ANPA: "Adornos de Nadal con materiais de reciclaxe"
Enviado por Merchi o Lun, 30/11/2020 - 10:11A ANPA Aidón convoca un concurso de adornos de Nadal elaborados con materiais de reciclaxe. No arquivo adxunto pódense consultar as bases e toda a información necesaria para a participación.
25 de novembro: Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller
Enviado por Merchi o Xov, 26/11/2020 - 21:26Este ano para conmemorar esta data traballamos os días previos o conto de "Arturo e Clementina", unha parella de tartarugas que comezan a súa relación moi ilusionados, pero que co paso do tempo as cousas non son para Clementina coma ela esperaba.
Despois de traballado o conto, os nenos e nenas do CEP Sequelo quixeron axudar a Clemetina a realizar os seus soños, por iso enchemos o colexio de Clementinas moradas que o único que cargaban na súa coiraza foron os bos desexos do noso alumnado.
Se queredes volver ler o conto recordade que está no blog da biblioteca (http://bibliotecasequelo.blogspot.com/)
Magosto 2020: "Receitas con castañas"
Enviado por Merchi o Sáb, 21/11/2020 - 22:30Deixamos a recompilación de "Receitas con castañas" elaborada coa participación do alumnado de todos os cursos. Agora só queda probar a facelas. A ver quen se atreve e nos conta como lle saíron.
Veña! A que estades esperando?
Carta de Birlo no Día Universal do Neno
Enviado por Merchi o Sáb, 21/11/2020 - 20:00Así de atentos estiveron os nenos e nenas, mentras os seus mestres lían a carta de agradecemento que Birlo lles escribiu con motivo do "Día Universal do Neno".
Carta de Birlo aos nenos e nenas no Día Universal do Neno
Enviado por Merchi o Xov, 19/11/2020 - 21:42O 20 de novembro é un día moi importante: celébrase o Día Universal do Neno e conmemóranse os aniversarios da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989).
Coincidindo con esta data Birlo, a nosa mascota, aproveitou para agradecervos o ben que vos estades portando neste ano tan difícil; e animarvos a que sigades así.
Resumo do Samaín 2020
Enviado por Merchi o Lun, 02/11/2020 - 18:11Como remate desta mostra de actividades, deixámosvos este pequeno resumo do que foi este ano o Samaín no colexio.
Debuxos finalistas no concurso "Debuxos terroríficos", Samaín 2020
Enviado por Merchi o Dom, 01/11/2020 - 18:43Estes son os debuxos finalistas e gañador do concurso de "Debuxos terroríficos polo Samaín" convocado polo CEP Sequelo en colaboración coa ANPA.
Que medo pasou o xurado elexíndoos!!! Moitas grazas a todos por participar.
Relatos finalistas no concurso "Relatos terroríficos", Samaín 2020
Enviado por Merchi o Dom, 01/11/2020 - 18:40Estes son os relatos finalistas e gañador do concurso de "Relatos terroríficos polo Samaín" convocado polo CEP Sequelo en colaboración coa ANPA.
Moitas grazas a todos por participar, puxéstesllo moi difícil ao xurado.
Cabazas gañadoras no "Concurso de decoración de cabazas". Samaín 2020
Enviado por Merchi o Dom, 01/11/2020 - 18:25Estas son as cabazas gañadoras do "Concurso de decoración de cabazas", o xurado tívose que decidir por dúas pero realmente todas estaban moi traballadas.
Noraboa a todos, grazas a vosa participación tivemos o colexio moi ambientado este Samaín.
"Concurso de decoración de cabazas". Samaín 2020
Enviado por Merchi o Dom, 25/10/2020 - 13:34Neste tableiro de "Padlet" podedes poñer as fotografías das vosas cabazas. Recordade que tendes as explicacións ao final da carta de Birlo.
Samaín 2020. Concursos terroríficos
Enviado por Merchi o Mér, 14/10/2020 - 21:07Este curso no que todo ten que ser celebrado dun xeito tan distinto, Birlo, a mascota da biblioteca, que levaba moito tempo caladiño na biblioteca, en colaboración coa ANPA proponvos participar nuns concursos terroríficos!!!
- Concurso de "Relatos terroríficos" para 4º, 5º, 6º.
- Concurso de "Debuxos terroríficos" para 1º, 2º, 3º.
- Concurso de "Decoración de Cabazas"
Lede atentamente a carta coas súas explicacións.
INICIO DE CURSO (NORMAS)
Enviado por Merchi o Mér, 09/09/2020 - 08:57Estimadas familias:
Benvidos a este novo curso tan difícil que nos toca vivir.
Necesitamos toda a vosa colaboración e axuda para cumplir as normas de seguridade e hixiene que fagan do noso centro un entorno seguro para todos/as.
Lembren que todas as familias deben cumprimentar unha declaración responsable que deberán entregar asinada na escola, na cal se comprometen a realizar diariamente a enquisa de autoavaliación COVID-19 e a NON enviar aos seus fillos ao centro e mantelos en illamento preventivo domiciliario se presentan algúns dos síntomas alí referidos (febre de máis de 37.5º, tose seca, etc).
RESUMO DO MÁIS RELEVANTE PARA INICIAR O CURSO
Xoves 10 de setembro empezan 1º, 2º e 3º
Venres 11 de setembro empezan 4º, 5º e 6º.
Os cursos impares (1º, 3º, 5º) entran as 9:00 / saen as 14:00
Os cursos pares (2º, 4º, 6º) entran as 9:10 / saen as 14:10
Cursos |
Día |
Zona de entrada |
Hora de entrada |
Hora de saída |
Zona de espera das familias |
1º A |
10 setembro
|
Entrada Principal Dereita |
9: 00 h |
14:00 h |
Habilitarase unha zona específica no patio dianteiro |
1º B |
10 setembro
|
Porta Patio de Columnas |
9: 00 h |
14:00 h |
Habilitarase unha zona específica no patio traseiro |
2º |
10 setembro
|
Entrada Traseira Aula de Música |
9: 10 h |
14: 10 h |
Habilitarase unha zona específica no patio traseiro |
3º |
10 setembro
|
Porta Lateral Esquerda |
9: 00 h |
14:00 h |
Zona exterior ao lado do pavillón |
Cursos |
Día |
Zona de entrada |
Hora de entrada |
Hora de saída |
Zona de espera das familias |
4º |
11 setembro
|
Porta Patio de Columnas |
9: 10 h |
14: 10 h |
Zona exterior ao lado do pavillón |
5ºA |
11 setembro
|
Entrada Principal Esquerda |
9: 00 h |
14:00 h |
Rúa Enrique Turrall
|
5º B |
11 setembro
|
Entrada Principal Esquerda |
9: 00 h |
14:00 h |
Rúa Enrique Turrall
|
6ºA |
11 setembro
|
Entrada Principal Esquerda |
9: 10 h |
14: 10 h |
Rúa Enrique Turrall
|
6º B |
11 setembro
|
Porta Lateral Esquerda |
9: 10 h |
14: 10 h |
Rúa Enrique Turrall |
O protocolo limita a un acompañante por alumno á entrada do recinto escolar, tanto nas entradas como nas saídas para evitar aglomeracións. Procuren manter a distancia de seguridade e non formar grupos falando á entrada e á saída.
Se coinciden irmáns con horario diferente, por exemplo un en 1º e outro en 4º, o de 4º entrará ás 9 e irá para a súa clase, esperando no seu sitio ata as 9:10. O profesorado xa estará alí. Igualmente na saída, para evitar que teñan que esperar por él.
Cada alumno/a debe traer na súa mochila un Kit individual anti-covid, dentro dunha bolsa de tea co seu nome:
. 1 mascarilla posta e outra de reposto nunha bolsiña, caixiña, estoxo…
. panos de papel,
. bote pequeno de hidroxel,
. botella de auga co seu nome, (non se pode beber nas fontes).
Por protocolo, as familias non poden acceder ao centro. Se necesitan consultar algo poden chamar á secretaría de 9:00 a 9:55 ou de 13:10 a 14:00 TELÉFONO 886 151 325 ou mandar correo electrónico a cep.sequelo.marin@edu.xunta.gal
Se necesitan acudir físicamente ao centro para realizar algún trámite deben solicitar por teléfono cita previa.
Lamentamos as molestias que lle poidamos ocasionar, pero por seguridade é necesario cumprir o protocolo.
É o momento de unir esforzos para levar o mellor posible esta situación.
Moita saúde e moitas grazas! Ánimo!
DOCUMENTOS COVID-19 PARA O CURSO 2020-2021
Enviado por Merchi o Lun, 07/09/2020 - 14:08Estimadas familias:
Deixamos nos ficheiros adxuntos a información relativa aos protocolos COVID-19 adaptados ao noso centro para a súa información e consulta.
Estes protocolos de actuación poderán variar en función das directrices das Consellerías de Educación e Sanidade, tanto para flexibilizalos como para restrinxilos, en función da evolución da pandemia.
Estén atentos oa servizo de mensaxería Abalar nos vindeiros días.
Lembren que todas as familias deben cumprimentar unha declaración responsable que deberán entregar asinada na escola, na cal se comprometen a realizar diariamente a enquisa de autoavaliación COVID-19 e a NON enviar aos seus fillos ao centro e mantelos en illamento preventivo domiciliario se presentan algúns dos síntomas alí referidos (febre de máis de 37.5º, tose seca, etc).
Por protocolo, as familias non poden acceder ao centro. Se necesitan consultar algo poden chamar á secretaría de 9:00 a 9:55 ou de 13:10 a 14:00 TELÉFONO 886 151 325 ou mandar correo electrónico a cep.sequelo.marin@edu.xunta.gal
Benvidos a este curso. Procuremos coidarnos entre todos.
PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. RECOLLIDA VALES AXUDAS
Enviado por Merchi o Ven, 10/07/2020 - 12:13As listaxes definitivas pódense consultar na entrada do centro.
O horario para a recollida dos vales será:
Luns 13 de xullo 2º, 4º, 6º (de 10:00 a 13:00)
Martes 14 de xullo 1º, 3º, 5º (de 10:00 a 13:00)
Para os que non poidan vir nesas datas poden pasar o mércores 15, ou esperar ao comezo do curso en setembro, xa que non caducan.
PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por Merchi o Mar, 07/07/2020 - 13:09Estas listaxes pódense consultar na entrada do centro. O prazo de reclamacións será os días 8 e 9 de xullo.
Recompilación de poemas dende a casa
Enviado por Merchi o Xov, 18/06/2020 - 15:36Recompilación "Xogos populares con música"
Enviado por Merchi o Mar, 16/06/2020 - 09:23