MAGOSTO 2018

Enviado por Anónimo o Mar, 20/11/2018 - 13:16

O martes 13, fixo un maravilloso día de sol e celebramos o noso MAGOSTO. 

Mentras as mestras asaban as castañas os nenos e nenas xogaron.

Houbo seis xogos : comecastañas, relevos de castañas, ós bolos, tres pés (en parellas), á corda, relevos de pelota (coa pelota espalda con espalda). 

O alumnado de sexto foi o encargado de  axudar ao alumnado nos diferentes xogos a medida que ían rotando dun a outro.

E non podían faltar as castañas. Estaban boísimassss!!! Pasámolo xenial!!!

 

( categories: )