Nadal

A BELÉN SEN FRONTEIRAS

 

Seguindo o proxecto de centro “ABRINDO FRONTEIRAS” o alumnado de 1º a 6º colorearon en relixión, para o Belén, os monecos que representan a cada un dos pobos do mundo. Nas vacacións de Nadal poderan colgalos na árbore da súa casa. Serán substutituídos por imaxes dos refuxiados Sirios e doutros países.

A volta das vacacións de Nadal temos preparada unha charla da ONG "ENTRECULTURAS" sobre os refuxiados, xa que estamos a vivir a peor crise humanitaria da nosa década. 59 millóns e medio de persoas que a causa da persecución, os conflitos, a violencia xeralizada e as violacións dos dereitos humanos vense obrigadas a saír dos seus fogares na busca dun futuro incerto.

Podedes ver no enlace http://www.hobbybelen.com/00000198660c9d618/index.html a gran exposición de Beléns do mundo.

 

 

Distribuir contido