DÍA DA PAZ

 

 Hoxe, no noso centro, co motivo do día da Paz, cantamos unha canción de Macaco: “Somos una marea de gente”.

Como podedes  ver no vídeo, fixemos o retrouso en lingua de signos, intentando acadar unha maior concienciación no referente á diversidade funcional das persoas. Tendo en conta que o respecto á diversidade cultural, sexual, étnica ou relixiosa é un dos referentes fundamentais para conseguir a tan anhelada Paz.  

 

Día da PAZ 2019

   

 

 

30 DE XANEIRO

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

    Baixo o lema "AS NOSAS MANS SERVEN PARA..." traballamos e celebramos este curso o Día da PAZ.

Cada alumno escribiu nunha silueta da súas mans emotivos mensaxes sobre o lema para elaborar con elas un mural conxunto. Unha representación de alumnado de cada curso leu ante todos os compañeiros do colexio as mensaxes máis representativas da súa clase. Rematamos cantando todos xuntos a canción "As mans do mundo.

 

 
VÍDEO ALUMNADO DE 2º
    Máis imaxes na nosa GALERÍA DE FOTOS

PAZ 2018

 
 
   

  Todos xuntos no patio recitamos mensaxes, formamos o noso muro das boas palabras, lanzamos avións con preceptos e cantamos a canción "Só pido un pouco de PAZ".

Máis imaxes na nosa GALERÍA DE FOTOS