OBRADOIRO DE ENCADERNACIÓN

Título

Durante a Semana do Libro todo o colexio estivo inmerso nun proxecto moi interesante:

"ELABORACIÓN DO NOSO PROPIO LIBRO DE RECEITAS"
Durante as semanas anteriores, familias, profesorado e alumnado participamos con moito interese na recollida de receitas de cociña de todo tipo.
Para darlle forma ao noso libro contamos coa colaboración de dúas nais de alumnado do centro, LUZ e MENCHU que con moita paciencia non só nos explicaron como se fai a encadernación dun libro senón que tamén nos ensinaron técnicas, "Engrudo de cor" e "Marca de auga" coas que poidemos elaborar portadas exclusivas e orixinais.
 Mosaico marca de auga

 Poidemos escoitar as explicacións de Luz e practicar está técnica que nos pareceu tan máxica.

Da man de MENCHU experimentamos e fixemos a nosas creacións co Engrudo de cor.

 Mosaico engrudo de cor

RESULTOU ESTUPENDO

Grazas a LUZ e a MENCHU por compartir connosco os seus coñecementos.

Preme AQUÍ para acceder á galería de fotos