VISITA CENTRO ATALAIA

Dedicado aos anciáns do Centro de Día Atalaia

 

Xa que se aproximan estas datas tan entrañables e familiares dende o noso colexio quixemos compartir cos Maiores do barrio uns momentos doces, cheos de ledicia, divertimento, cariño… dos que os anciáns do Centro Atalaia son tan merecedores. Os Maiores son un exemplo para todos nós, posto que transmiten experiencias, cultura, valores positivos... tan necesarios hoxe en día na nosa sociedade.

Cada vez que nos achegamos a visitalos para facerlles un teatro ou cantarlles unhas panxoliñas recíbennos con gran afecto, caras sorrintes, brazos abertos e... lambetadas ricas, ricassss!!!

Así que moitas grazas por todo o que nos aportades.

Esperamos estar xuntos de novo en máis ocasións, agasallándovos tamén nós

co noso amor!!! 

(Preme nos enlaces para ver un resumo das actividades)